O frade das dúas almas

O frade das dúas almas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498652109
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9865-210-9
Páxinas:
226
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LETRAS GALEGAS

Desconto:

-5%

Antes:

19,00 €

Despois:

18,05 €
IVE incluído

Recuperación dunha das novelas que ía publicar a Editorial Nós de Anxel Casal, e finalmente quedou inédita debido á Guerra Civil.A novela O frade das dúas almas, que publica Editorial Galaxia na colección Letras Galegas, ía ser editada por Anxel Casal en Nós xusto cando comezou a sublevación do xeneral Franco contra a República. Pódese dicir, collendo emprestadas as verbas de Manuel Rivas, que a novela de Xosé Tobío Mayo é, daquela, un dos libros que "ardeu mal". Despois de 73 anos, e grazas á iniciativa do poeta Víctor Campio Pereira, testamentario literario do autor, a novela ve a luz nunha coidada edición a cargo de Teresa López e Xoán López Viñas, profesores  da Universidade da Coruña.Xosé Tobío Mayo é, na historia da literatura galega, o autor de Espiñas (1941), poemario publicado en Buenos Aires con cuberta de Castelao. A parte da súa personalidade literaria, hai que destacar en Xosé Tobío Mayo o compromiso social e político e unha traxectoria persoal que, máis aló do testemuño individual, representa a de moitos homes e mulleres da súa xeración, en certo sentido aínda pendente de ser integrada na nosa memoria colectiva.En 1936, cando O frade das dúas almas está pronta para a publicación, o seu autor ten 45 anos, trátase logo dunha obra de madureza. A novela xéstase na Galiza dos anos trinta, na Galiza de Anxel Casal, en cuxa editorial Nós estaba previsto que fose publicada.  Trátase dunha novela de iniciación ou aprendizaxe na que se narra a infancia do protagonista, Leliño, e dos seus compañeiros de estudos, Mingos e Manuel. As probas a que son sometidos, a súa iniciación amorosa, a crise vital que se manifesta como crise de fe, son algúns dos fitos desa aprendizaxe. Na novela ten unha importancia especial a cultura popular, das cantigas á literatura oral, e elementos doutros xéneros que contribúen á diversificación do seu discurso narrativo.

Materia en Llibreria Etcètera

  • Peligro extremo -5%
    Titulo del libro
    Peligro extremo
    Mckenna, Shannon
    Suma de letras
    JUGAR CON EL PELIGRO... Nadar desnuda en la piscina de tu vecino -un individuo al que no conoces- es una a...
    No disponible

    14,96 €14,21 €

  • El tercer mundo después del sol -5%
    Titulo del libro
    El tercer mundo después del sol
    VV. AA.
    Minotauro
    Latinoamérica no es el tercer mundo, no es posibilidad de desarrollo, es una realidad en la que se amalgaman l...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,95 €16,10 €

  • UN DÍA DE SETEMBRE I UNS QUANTS D´OCTUBRE -5%
    Titulo del libro
    UN DÍA DE SETEMBRE I UNS QUANTS D´OCTUBRE
    Sierra I Fabra, Jordi
    Rosa dels vents
    La décima entrega de la saga de l'entranyable i implacable inspector Miquel Mascarell. En aquesta ocasió s'ha...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,90 €17,01 €

  • La cartoixa de Parma -5%
    Titulo del libro
    La cartoixa de Parma
    Nº 8
    STENDHAL
    Alpha
    La novel·la total del segle XIX que reuneix en una sola obra novel·la romàntica, històrica, dÆaventures i ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    34,95 €33,20 €

  • EL PODER CURATIVO DE LOS NUMEROS -5%
    Titulo del libro
    EL PODER CURATIVO DE LOS NUMEROS
    Neumayer, Petra
    Sirio editorial
    No disponible

    12,95 €12,30 €

Galaxia en Llibreria Etcètera

  • A lista das cousas imposibles -5%
    Titulo del libro
    A lista das cousas imposibles
    Nº 146
    Gonzalvo, Laura
    Galaxia
    Di Clara que cando Guim a deixou, só pouco antes do seu aniversario dos dezaoito anos, fíxoo porque tiña gan...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,85 €16,96 €

  • La Habana Flash -5%
    Titulo del libro
    La Habana Flash
    Alcalá, Xavier
    Galaxia
    Con La Habana Flash publícase o segundo título da nova colección Continental da Editorial Galaxia, dedicada ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,85 €19,81 €

  • A nosa cinza -5%
    Titulo del libro
    A nosa cinza
    Alcalá, Xavier
    Galaxia
    Na Galicia da posguerra Xoán vai madurecendo. Xunto a el pasamos da primeira infancia ao ingreso na Universida...
    No disponible

    17,90 €17,01 €

  • A pega rabilonga. Os ruíns -5%
    Titulo del libro
    A pega rabilonga. Os ruíns
    Álvarez Blázquez, Xosé María
    Galaxia
    Dous libros de contos: Os ruíns, narracións que datan do ano 1935, case no punto do estoupido da Guerra Civil...
    No disponible

    16,20 €15,39 €

  • Mentres a herba medra -5%
    Titulo del libro
    Mentres a herba medra
    Rábade Paredes, Xesús
    Galaxia
    Premio Blanco Amor 2006Novela na que se cruzan, en conxunción coral e sobre un ritmo jazzístico de fondo, tre...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,40 €17,48 €