O frade das dúas almas

O frade das dúas almas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498652109
Any d'edició:
Matèria
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9865-210-9
Pàgines:
226
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
LETRAS GALEGAS

Descompte:

-5%

Abans:

19,00 €

Després:

18,05 €
IVA inclòs

Recuperación dunha das novelas que ía publicar a Editorial Nós de Anxel Casal, e finalmente quedou inédita debido á Guerra Civil.A novela O frade das dúas almas, que publica Editorial Galaxia na colección Letras Galegas, ía ser editada por Anxel Casal en Nós xusto cando comezou a sublevación do xeneral Franco contra a República. Pódese dicir, collendo emprestadas as verbas de Manuel Rivas, que a novela de Xosé Tobío Mayo é, daquela, un dos libros que "ardeu mal". Despois de 73 anos, e grazas á iniciativa do poeta Víctor Campio Pereira, testamentario literario do autor, a novela ve a luz nunha coidada edición a cargo de Teresa López e Xoán López Viñas, profesores  da Universidade da Coruña.Xosé Tobío Mayo é, na historia da literatura galega, o autor de Espiñas (1941), poemario publicado en Buenos Aires con cuberta de Castelao. A parte da súa personalidade literaria, hai que destacar en Xosé Tobío Mayo o compromiso social e político e unha traxectoria persoal que, máis aló do testemuño individual, representa a de moitos homes e mulleres da súa xeración, en certo sentido aínda pendente de ser integrada na nosa memoria colectiva.En 1936, cando O frade das dúas almas está pronta para a publicación, o seu autor ten 45 anos, trátase logo dunha obra de madureza. A novela xéstase na Galiza dos anos trinta, na Galiza de Anxel Casal, en cuxa editorial Nós estaba previsto que fose publicada.  Trátase dunha novela de iniciación ou aprendizaxe na que se narra a infancia do protagonista, Leliño, e dos seus compañeiros de estudos, Mingos e Manuel. As probas a que son sometidos, a súa iniciación amorosa, a crise vital que se manifesta como crise de fe, son algúns dos fitos desa aprendizaxe. Na novela ten unha importancia especial a cultura popular, das cantigas á literatura oral, e elementos doutros xéneros que contribúen á diversificación do seu discurso narrativo.

Matèria a Llibreria Etcètera

Galaxia a Llibreria Etcètera

  • Pan -5%
    Titulo del libro
    Pan
    Neira Vilas, Xosé
    Galaxia
    Este libro é unha mostra excelente do mundo poético de Neira Vilas. Por el circulan lembranzas doutro tempo, ...
    No disponible

    11,00 €10,45 €

  • O guerreiro branco -5%
    Titulo del libro
    O guerreiro branco
    Urkixo, Joanes
    Galaxia
    V Premio Abril 2003. O protagonista desta historia é Fionn Mac Cumhail, un adolescente que será digno de ocup...
    No disponible

    14,00 €13,30 €

  • Os saberes tradicionais dos galegos -5%
    Titulo del libro
    Os saberes tradicionais dos galegos
    Fidalgo Santamariña, Xosé Antonio
    Galaxia
    Premio Táboada Chivite. Concello de Verín 1998. A principal novidade que achega este libro de Xosé Antonio F...
    No disponible

    3,00 €2,85 €

  • Galaicofobia -5%
    Titulo del libro
    Galaicofobia
    Nº 126
    Peres Vigo, Alexandre
    Galaxia
    Desde unha profunda vocación didáctica, en Galaicofobia afóndase no coñecemento dun fenómeno tan experimen...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    22,95 €21,80 €

  • Fago cousas con caixas -5%
    Titulo del libro
    Fago cousas con caixas
    Lohf, Sabine
    Galaxia
    No disponible

    6,70 €6,37 €