Galicia

Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024881
ISBN:
978-84-8302-488-1
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Desconto:

-5%

Antes:

53,90 €

Despois:

51,21 €
IVE incluído

Manuel Antonio Martínez Murguía, nacido o 17 de maio de 1833 no lugar de Froxel, freguesía de San Tirso de Oseiro, no concello de Arteixo, foi o gran historiador galego do século XIX facendo desta disciplina un instrumento de reivindicación nacional porque, segundo feliz expresión do propio Murguía, un pobo sen historia é un pobo morto. Manuel Murguía foi tamén o constructor do primeiro corpus teórico da galeguidade, dunha teoría da identidade que nos permitiu ós galegos descubrir os nosos horizontes como pobo con cultura propia.Galicia é un dos libros máis significativos da obra de quen foi o primeiro Presidente da Real Academia Galega. Concibido polos seus editores ó xeito de guía ou libro de viaxes para dar a coñecer Galicia, dificilmente se podería ter atopado a alguén máis entusiasta e autorizado para esta tarefa. Murguía non era persoa que, tratándose de  Galicia, se conformase co epidérmico ou co anecdótico. "No es por el placer de proclamar la hermosura de nuestros campos (...) ni por ensalzar la patria que uno ama, por lo que la describimos: es sí para que conociéndola, se conozca mejor su historia, su arte, la vida interior del pueblo que en ella se asienta", dinos el mesmo.Nas páxinas de Galicia podemos atopar algunhas das mellores aportacións de  Murguía ó estudio da prehistoria, á mitoloxía e ó folclore populares.  Por se isto non abondase, nos capítulos reservados ás cidades aparecen resumidas aportacións claves ó estudio da historia de Galicia, e implícito o seu concepto sobre o ser e o deber ser do seu país.Cento doce anos despois da súa aparición, no ano en que Manuel Murguía é homenaxeado por toda a sociedade galega no Día das Letras Galegas, este libro segue sendo de interese sobranceiro para quen queira achegarse a comprender intimamente a complexidade da identidade  do ser de Galicia.

Outros libros do autor en Llibreria Etcètera

Xerais en Llibreria Etcètera

  • Atl -5%
    Titulo del libro
    Atl
    Lourenzo González, Manuel
    Xerais
    Atlántida, Atlantis, Atl. O continente perdido. Moito se ten falado desta terra lendaria sen que aínda hoxe s...
    No disponible

    26,95 €25,60 €

  • A CIENCIA DO DÍA A DÍAS -5%
    Titulo del libro
    A CIENCIA DO DÍA A DÍAS
    AA.VV
    Xerais
    Por que aparece a nosa imaxe nos espellos? Que é un coche eléctrico? Como funciona un GPS? Por que quenta o m...
    No disponible

    16,95 €16,10 €

  • Lingua 3 Educación Primaria. Caderno do alumnado. Proxecto Tecelingua (2020) -9%
    Titulo del libro
    Lingua 3 Educación Primaria. Caderno do alumnado. Proxecto Tecelingua (2020)
    Añón Montes, Marta
    Xerais
    No disponible

    13,35 €12,15 €

  • Cuarteto con piano -5%
    Titulo del libro
    Cuarteto con piano
    Villanueva Prieto, Xosé Manuel
    Xerais
    Catro músicos, Ana, Amalia, Antonio e Anxo, son convidados á casa pacega de dona Clara Ferreiro, unha rica vi...
    No disponible

    27,00 €25,65 €

  • Catapulta -5%
    Titulo del libro
    Catapulta
    Álvarez Cáccamo, Alfonso
    Xerais
    No disponible

    11,60 €11,02 €