Galicia

Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024881
ISBN:
978-84-8302-488-1
idioma:
GALEGO
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
SIN COLECCION

Descompte:

-5%

Abans:

53,90 €

Després:

51,21 €
IVA inclòs

Manuel Antonio Martínez Murguía, nacido o 17 de maio de 1833 no lugar de Froxel, freguesía de San Tirso de Oseiro, no concello de Arteixo, foi o gran historiador galego do século XIX facendo desta disciplina un instrumento de reivindicación nacional porque, segundo feliz expresión do propio Murguía, un pobo sen historia é un pobo morto. Manuel Murguía foi tamén o constructor do primeiro corpus teórico da galeguidade, dunha teoría da identidade que nos permitiu ós galegos descubrir os nosos horizontes como pobo con cultura propia.Galicia é un dos libros máis significativos da obra de quen foi o primeiro Presidente da Real Academia Galega. Concibido polos seus editores ó xeito de guía ou libro de viaxes para dar a coñecer Galicia, dificilmente se podería ter atopado a alguén máis entusiasta e autorizado para esta tarefa. Murguía non era persoa que, tratándose de  Galicia, se conformase co epidérmico ou co anecdótico. "No es por el placer de proclamar la hermosura de nuestros campos (...) ni por ensalzar la patria que uno ama, por lo que la describimos: es sí para que conociéndola, se conozca mejor su historia, su arte, la vida interior del pueblo que en ella se asienta", dinos el mesmo.Nas páxinas de Galicia podemos atopar algunhas das mellores aportacións de  Murguía ó estudio da prehistoria, á mitoloxía e ó folclore populares.  Por se isto non abondase, nos capítulos reservados ás cidades aparecen resumidas aportacións claves ó estudio da historia de Galicia, e implícito o seu concepto sobre o ser e o deber ser do seu país.Cento doce anos despois da súa aparición, no ano en que Manuel Murguía é homenaxeado por toda a sociedade galega no Día das Letras Galegas, este libro segue sendo de interese sobranceiro para quen queira achegarse a comprender intimamente a complexidade da identidade  do ser de Galicia.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Etcètera

Xerais a Llibreria Etcètera

  • Os Libros De Merlin. Lecturas 5. Educacion Primari -9%
    Titulo del libro
    Os Libros De Merlin. Lecturas 5. Educacion Primari
    Lastra Muruais
    Xerais
    No disponible

    30,42 €27,68 €

  • As cidades mergulladas -5%
    Titulo del libro
    As cidades mergulladas
    Miranda, Xosé
    Xerais
    Este volume recolle e reoordena a produción poética de Xosé Miranda nos case últimos vinte anos. Prologado ...
    No disponible

    25,70 €24,42 €

  • O PUÑO E A LETRA -5%
    Titulo del libro
    O PUÑO E A LETRA
    Castaño, Yolanda
    Xerais
    Este é o primeiro libro da tradición editorial galega que afronta a descuberta do xénero internacionalmente ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    20,95 €19,90 €

  • O can gastón anda tristeiro -5%
    Titulo del libro
    O can gastón anda tristeiro
    Rosendo, Pablo
    Xerais
    Gastón é un can tristeiro. O seu dono Antón paséao, cepíllao, dálle mecos e con el enreda. A xente mírao...
    No disponible

    11,95 €11,35 €

  • (11).(I).AMBITO LINGUISTICO-SOCIAL (DIVERSIFICACION) XERAIS -9%
    Titulo del libro
    (11).(I).AMBITO LINGUISTICO-SOCIAL (DIVERSIFICACION) XERAIS
    Del Pino Solana, Ana María;Gómez Regalón, Dolores
    Xerais
    No disponible

    50,11 €45,60 €