Cantos caucanos

Cantos caucanos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029466
Ano de edición:
Materia
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8302-946-6
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
190
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

Desconto:

-5%

Antes:

18,95 €

Despois:

18,00 €
IVE incluído

"Cantos caucanos" publicado integramente en 1985, cinco anos despois despois da volta de Antón Avilés da súa estadía durante dezanove anos en Colombia. O poemario, no que o autor expresa a súa saudade polo país americano, a súa segunda patria, -"aquela patria da mocedade", nas súas palabras, foi merecedor do Premio Nacional da Crítica, quedando tamén como finalista no Premio Nacional de Literatura. Como na maior parte da súa obra poética, en "Cantos cucanos" Avilés pretende recobrar as extensas xeografías do Val do Cauca como unha paraíso definitivamente perdido, a través da palabra poética. Na obra,  constituída por tres poemas extensos, organizados en dúas series ("Crónicas", a primeira, e a segunda homónima ao título do poemario), a visión deste paraíso comprende unha ampla franxa temporal que representa inicialmente un ámbito precolombino edénico, logo os horrores da conquista por parte dos españois, algún dos episodios da loita pola independencia, a época contemporánea dos anos vividos en Colombia e a súa posterior lembranza saudosa desde Galicia. Para explicar este proceso de recuperación do xa perdido, empregou Avilés a  figura de Ulises, imprescindible na configuración da súa poética. Para Martín Veiga, responsable da presente edición e autor do extenso estudio biobliográfico que a precede, a sabia utilización que Avilés fixo da súa experiencia americana desenvolvendo un tecido lírico que a  transcende, converten a "Cantos caucanos" "nunha obra única no ámbito  da literatura galega". A incorporación do exotismo, tanto temático como léxico; a ollada atemporal, acaso mítico; a potencia vitalista e a dicción rotunda e sonora; a prodixiosa potencia verbal destes versos; a suntuosidade desta voz, que se demora nunha narratividade historicista propia da nova épica, mesturada igualmente cos matices delicados da poesía lírica e elexíaca, aspectos valorados unanimente pola crítica, fixeron de Cantos caucanos un dos cumes colosais da poesía galega dos anos oitenta.

Outros libros do autor en Llibreria Etcètera

Materia en Llibreria Etcètera

Xerais en Llibreria Etcètera

  • Proxecto pomba dourada -5%
    Titulo del libro
    Proxecto pomba dourada
    Vázquez Freire, Miguel
    Xerais
    Arno ó baixar do aerobús, de volta da escola, atopou ós vehículos da policía e a dúas ambulancias aparcad...
    No disponible

    14,90 €14,16 €

  • Galicia -5%
    Titulo del libro
    Galicia
    Murguía, Manuel
    Xerais
    Manuel Antonio Martínez Murguía, nacido o 17 de maio de 1833 no lugar de Froxel, freguesía de San Tirso de O...
    No disponible

    53,90 €51,21 €

  • Xan e Pericán -5%
    Titulo del libro
    Xan e Pericán
    Ameixeiro, Daniel
    Xerais
    Xan é pequeno e gordecho, comellón e durmiñoco. Pericán é máis alto, come pouco e dorme menos. Xan e Peri...
    No disponible

    9,65 €9,17 €

  • Cidades, cidadáns e civilizacións -5%
    Titulo del libro
    Cidades, cidadáns e civilizacións
    MacDonald, Fiona
    Xerais
    No disponible

    9,19 €8,73 €

  • Os cárceres do esquenzo -5%
    Titulo del libro
    Os cárceres do esquenzo
    António, Inma
    Xerais
    "Os cárceres do esquenzo", escrita por Inma Antonio, aborda a entrevista que mantén Nicolás o Ruso, un veter...
    No disponible

    11,10 €10,55 €