Economia da empresa 2ºbacharelato

Economia da empresa 2ºbacharelato

Editorial:
Baia
EAN:
9788499950532
Año de edición:
Materia
LIBRO DE TEXTO
ISBN:
978-84-9995-053-2
Páginas:
440
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
2ºBACHARELATO

Descuento:

-5%

Antes:

34,00 €

Despues:

32,30 €
IVA incluido

A empresa é o centro da actividade económica nunha economía de mercado. Entender e coñecer como é e como funciona permitiranos comprender un pouco mellor os problemas económicos cos que se enfronta  calquera sociedade. A materia de Economía da Empresa, tendo en conta isto, pretende dar a coñecer o que é e como funciona unha empresa no contexto político e social en que desenvolve a súa actividade. A empresa é, en definitiva,  unha organización formada por persoas cuns valores, actitudes, obxectivos etc. que teñen que ver co mundo en que están inmersas. Por esta razón, calquera cambio que se produza na sociedade repercutirá tamén neste complexo organismo tanto no ámbito organizativo como produtivo. Se consideramos que, en xeral, a educación sempre debe ser unha prioridade para os gobernantes, o estudo do funcionamento do sistema económico e da empresa debería ser materia obrigada no sistema educativo, dada a súa importancia como elemento de formación e preparacións para a vida activa das alumnas e dos alumnos, dado que o crecemento económico dun país virá dado, entre outras moitas cousas, polo nivel de formación da súa poboación, e saber como funciona o sector produtivo das empresas ou como se organiza a información económica e financeira é fundamental para levar a cabo labores emprendedores; un camino sempre aberto para poñer en marcha as inquedanzas laborais e promover proxectos de iniciativa empresarial. E Economía da Empresa analiza a empresa como axente económico fundamental na sociedade, e o seu estudo debe permitir acadar un coñecemento sinxelo pero preciso, tanto desde a súa dimensión externa como desde o funcionamento das súas áreas de actividade, xa sexa á hora de prover de bens e proporcionar os servizos que a sociedade necesita, xa sexa creando emprego e xerando ingresos para a propia sociedade e o Estado. O obxectivo do seu estudo é tratar de alcanzar un coñecemento sobre o que é e como actúa unha empresa no seu contexto, analizando as súas características e funcionamento global. Deberá ser un traballo á altura do alumnado que o cursa, fuxindo de grandes consideracións que estarían fóra do seu alcance, pero sen por isto deixar de aspirar a que o alumnado, ao final do período, saiba identificar, diferenciar e,  en concreto, falar de aspectos da empresa como os referidos á organización, produción, fiscalidade, lexislación etc. Con certa propiedade. A simplificación que nun texto destas características é necesaria realizar para facer o estudo máis accesible ao alumnado, non  pretende, no entanto, ir contra a necesidade de sermos esixentes e rigorosos nas exposicións dos temas correspondentes. O Boletín Oficial do Estado do 6 de novembro de 207 establece os contidos mínimos do bacharelato e, en concreto, os referidos á Economía da Empresa. O seu currículo específico para Galicia está recollido no Diario Oficial de Galicia do 23 de xuño de 2008, e en función del planifícase o desenvolvemento da materia. A pretensión deste texto é servir como material de apoio ao alumnado que se inicia no estudo do mundo da empresa. A existencia dunha proba final ao ciclo de estudos fai que se teña en conta os criterios de avaliación que se utilizan para superala. O texto para tal fin presenta as cuestións e exercicios de selectividade propostos nas anteriores convocatorias, organizados e introducidos nos temas correspondentes. A estrutura do texto baséase nunha organización que toma bloques temáticos como elemento de compartimentación nos que teñen cabida aqueles tema que son homoxéneos, e dentro deles cada unidade didáctica  será o núcleo. Cada tema presenta no seu inicio un esquema conceptual  que nos permitirá ter unha idea global dos aspectos e límites a tratar, e remata cunhas denominadas ideas clave que procuran dar unha idea moi sintética do estudado. Como complemento en cada unidade proponse un variado número de actividades de tipo comprensivo, dedutivo ou de aplicación práctica que a modo de autoavaliación servirá para centrar e repasar o tratado, así mesmo nesta nova edición  preséntanse as cuestión e exercicios dos exames de selectividade desde 2001. Despois de catro edicións desta proposta didáctica e pedagóxica da materia, xa sexa coa denominación Economía e Organización de Empresa como coa actual de Economía de Empresa, o manual non sufriu grandes cambios con respecto da idea orixinal, agás as esixidas polas adaptacións curriculares e as modificacións legais introducidas nos últimos anos no ámbito empresarial, laboral e social, no entanto houbo  as suficientes suxestións e críticas que sobre determinados aspectos base da propost

Otros libros del autor en Llibreria Etcètera

  • Economia 1ºbacharelato -5%
    Titulo del libro
    Economia 1ºbacharelato
    Prieto-puga Fariña, Rafael
    Baia
    Este manual ten como obxectivo fundamental proporcionar aos bachaleres  os medios para comprender o funcionamen...
    No disponible

    31,00 €29,45 €

  • Economía da empresa 2ºbacharelato -5%
    Titulo del libro
    Economía da empresa 2ºbacharelato
    Prieto-puga Fariña, Rafael
    Baia
    A empresa é o centro da actividade económica.O obxectivo da Economía da Empresa é mostrar que é e como act...
    No disponible

    31,68 €30,10 €

Materia en Llibreria Etcètera

Baia en Llibreria Etcètera

  • Mercedes Tella Comas (1868-1934) -5%
    Titulo del libro
    Mercedes Tella Comas (1868-1934)
    Romero Masiá, Ana
    Baia
    Mercedes Tella foi un referente destacado na vida da cidade durante o primeiro terzo do século XX e co seu tra...
    No disponible

    19,80 €18,81 €

  • Mulleres espontaneadas -5%
    Titulo del libro
    Mulleres espontaneadas
    Arcay Barral, Ángel
    Baia
    Gañadora do IV Premio de Investigación Hume 2021 (As Pontes) Resultado da investigación de Angel Arcay Barra...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,00 €11,40 €

  • Cogomelos a cociña do bosque -5%
    Titulo del libro
    Cogomelos a cociña do bosque
    Quadrada, Mariona
    Baia
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,56 €16,68 €

  • As miñas primerias palabras en inglés -5%
    Titulo del libro
    As miñas primerias palabras en inglés
    AA.VV
    Baia
    Queres aprender inglés? Este é o mellor libro para iso. En cada unha das súas páxinas podes aprender vocabu...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,50 €11,88 €

  • Grego bacharelato -5%
    Titulo del libro
    Grego bacharelato
    Bertolo Ballesteros, Jose Manuel
    Baia
    O libro está estruturado en doce unidades didácticas incluíndo ao final unha Antoloxía de textos, Paradigma...
    No disponible

    31,00 €29,45 €