Grego bacharelato

Grego bacharelato

Editorial:
Baia
EAN:
9788496526884
Año de edición:
Materia
LIBRO DE TEXTO
ISBN:
978-84-96526-88-4
Páginas:
384
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
1ºBACHARELATO

Descuento:

-5%

Antes:

31,00 €

Despues:

29,45 €
IVA incluido

O libro está estruturado en doce unidades didácticas incluíndo ao final unha Antoloxía de textos, Paradigmas e un Vocabulario. Cada unidade consta de tres partes interrelacionadas entre si: dúas referidas principalmente a aspectos culturais e unha máis centrada na lingua. Todas inclúen actividades. Nunha Primeira Parte, que dá título  á unidade, ofrécese información sobre o mundo cotián e mitolóxico a través de textos traducidos e imaxes artísticas gregas; a continuación, e baixo o nome de Persistencia do mito, preséntanse textos e obras de arte que amosan a súa influencia na cultura galega e  foránea. Incorpóranse tamén actividades e suxerencias de ampliación. A Segunda Parte é a especificamente gramatical. Ten explicacións breves e abundantes exercicios. Tradúcense primeiro frases e, progresivamente, textos orixinais. Insertamos unhas listas de vocabulario de "máxima frecuencia" -feito a partir dos autores máis representativos- pois consideramos que a súa aprendizaxe facilita o achegamento aos textos. Cada lista vai acompañada de diversas actividades (antónimos, derivación, helenismos, familias léxicas...) para unha máis doada e rápida adquisición de coñecementos léxicos. No segundo curso de Bacharelato é necesario que o alumnado ademais se familiarice co uso do dicionario. Nesta parte hai tamén un apartado denominado E se queres avanzar máis..., no que se oferta material de ampliación que permite adecuarse  aos distintos niveis de coñecemento adquiridos polo alumnado. A Terceira é a parte histórica e cultural, presentada por medio dunha viaxe, co apoio de imaxes e textos. Inclúe actividades e suxestións de  ampliación, así como referencias de libros, CD - Rom e enderezos de Internet. Todas as unidades levan exercicios de recapitulación. A 4, 8 e 12 inclúen, ademais, unha autoavaliación. Pode recorrerse a esta parte para insistir nalgún punto da materia ou mesmo para exames. O presente manual cumpre coas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego aprobadas pola Real Academia Galega en Xullo de 2003.

Materia en Llibreria Etcètera

Baia en Llibreria Etcètera

  • Sobre o planeta terra -5%
    Titulo del libro
    Sobre o planeta terra
    Llewellyn, Claire
    Baia
    Pregunta á Dra. Peteiro sobre o Planeta Terra é unha boa forma de descubrir como afectan aos animais os volc...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,20 €13,49 €

  • A nosa terra é nosa!
    Damnificado
    -5%
    Titulo del libro
    A nosa terra é nosa!
    Insua, Emilio Xosé
    Baia
    Cando eu me consideraba o derradeiro supervivente dun pobo suicida, chegou a min a voz alentadora dun escritor....
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    32,50 €30,88 €

  • A illa do silencio -5%
    Titulo del libro
    A illa do silencio
    Nº 30
    Vázquez Álvarez, David D.
    Baia
    A Illa do Silencio conta as aventuras dun rapaz calquera, nacido na ribeira do río Sil, que abandona o seu ber...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,75 €11,16 €

  • Guía micoloxica ecosistemas galegos -5%
    Titulo del libro
    Guía micoloxica ecosistemas galegos
    AA.VV
    Baia
    Esta guía, que recolle as 556 especies máis habituais en Galicia, é especialmente importante para a Micolox...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,55 €15,72 €

  • Ciencias sociais 3 ESO -9%
    Titulo del libro
    Ciencias sociais 3 ESO
    Brea Pedreira, Ana / Romero Masia, Ana
    Baia
    Baía Edicións pon no mercado o proxecto de libros de texto e materiais  complementarios para a área de Cienc...
    No disponible

    43,02 €39,15 €