A cociña de Larpeiros. 150 receitas

A cociña de Larpeiros. 150 receitas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498652024
Año de edición:
Materia
GASTRONOMIA
ISBN:
978-84-9865-202-4
Páginas:
180
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
200
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

22,60 €

Despues:

21,47 €
IVA incluido

A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro  A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso. O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o  barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os  sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras. Tal como afirma Xosé Cermeño no prólogo do libro, "Os  receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, máis  que polo seu título. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do  Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como o Benigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada á terra e á memoria". Un libro de receitas que é útil á vez que gorentoso, que pola súa utilidade aproveita para cociñar e tamén aproveita ao padal. O mester da cociña, amais de innovar e experimentar, cómpre que conserve os sabores, texturas e recendos que constitúen a base da memoria gastronómica galega. A que fai lembrar aqueles guisos sólidos, cabais, condimentados con fidelidade aos sabores da infancia e do país. Por esa razón, A cociña de Larpeiros é un libro honesto, no que a cociña propia de Galicia se arrequenta coa doutras tradicións foráneas.
 Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presenta tentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da  Televisión de Galicia, "Larpeiros".

Otros libros del autor en Llibreria Etcètera

Materia en Llibreria Etcètera

  • 200 tapas de España -5%
    Titulo del libro
    200 tapas de España
    Acosta, Alberto
    Lid
    Este libro contiene las 200 tapas de la cocina española de toda la vida. Reúne toda la experiencia culinaria ...
    No disponible

    16,90 €16,06 €

  • Gastronomía -5%
    Titulo del libro
    Gastronomía
    Millos Casas, Lorenzo
    Piramide
    No disponible

    6,00 €5,70 €

  • Superfoods -5%
    Titulo del libro
    Superfoods
    Herp, Blanca
    Robinbook ediciones
    Los superalimentos contienen más vitaminas, minerales y antioxidantes que cualquier otro alimento del planeta....
    No disponible

    15,70 €14,92 €

  • NATAL NO MUNDO - RECEITAS DE 5 CONTINENTES -5%
    Titulo del libro
    NATAL NO MUNDO - RECEITAS DE 5 CONTINENTES
    AA.VV
    Euro impala portugues
    A tradição sussurra receitas antigas e a agitação na cozinha, entre a preparação de doces e salgados, tor...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,97 €16,12 €

  • Pizza Modo Mio -5%
    Titulo del libro
    Pizza Modo Mio
    Lanzafame,John
    Grijalbo
    El aroma de los tomates maduros, la sutileza de la mozzarella y, sobre  todo, esa masa tan en su punto. Con est...
    No disponible

    17,00 €16,15 €

Galaxia en Llibreria Etcètera

  • Estrela... fugaz? -5%
    Titulo del libro
    Estrela... fugaz?
    Nº 255
    Labraña, Carlos
    Galaxia
    No cinto de asteroides que hai máis aló de Neptuno naceu Meteoro. Aínda que pasaba todo o día a xogar á ro...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,40 €11,78 €

  • Groenlandia -5%
    Titulo del libro
    Groenlandia
    Nº 496
    Fernández Davila, Fran
    Galaxia
    PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2023. Comeza 1995, o ano da guerra do fletán entre Canadá e os pesqueiros ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    21,50 €20,43 €

  • Estación Nadal -5%
    Titulo del libro
    Estación Nadal
    Mamá Cabra
    Galaxia
    Contan que só hai catro estacións: primavera, verán, outono e inverno.  Pero é mentira. Hay unha máis e ch...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,00 €19,00 €

  • O home que plantaba árbores -5%
    Titulo del libro
    O home que plantaba árbores
    Giono, Jean
    Galaxia
    Velaquí un libro que fala da xenerosidade humana sen límites. Do respecto á natureza, da aposta pola vida e ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,00 €17,10 €

  • As outras historias -5%
    Titulo del libro
    As outras historias
    Carballeira Cabana, Paula
    Galaxia
    Un libro que fala desas historias que non se ven, das que están agochadas e nin sequera se sabe que existen. H...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,40 €11,78 €