A cociña de Larpeiros. 150 receitas

A cociña de Larpeiros. 150 receitas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498652024
Any d'edició:
Matèria
GASTRONOMIA
ISBN:
978-84-9865-202-4
Pàgines:
180
Enquadernació:
TAPA DURA
idioma:
GALEGO
Ample:
170
Alt:
200
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
SIN COLECCION

Descompte:

-5%

Abans:

22,60 €

Després:

21,47 €
IVA inclòs

A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro  A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso. O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o  barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os  sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras. Tal como afirma Xosé Cermeño no prólogo do libro, "Os  receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, máis  que polo seu título. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do  Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como o Benigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada á terra e á memoria". Un libro de receitas que é útil á vez que gorentoso, que pola súa utilidade aproveita para cociñar e tamén aproveita ao padal. O mester da cociña, amais de innovar e experimentar, cómpre que conserve os sabores, texturas e recendos que constitúen a base da memoria gastronómica galega. A que fai lembrar aqueles guisos sólidos, cabais, condimentados con fidelidade aos sabores da infancia e do país. Por esa razón, A cociña de Larpeiros é un libro honesto, no que a cociña propia de Galicia se arrequenta coa doutras tradicións foráneas.
 Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presenta tentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da  Televisión de Galicia, "Larpeiros".

Altres llibres de l'autor a Llibreria Etcètera

Matèria a Llibreria Etcètera

  • AROMA ÁRABE -5%
    Titulo del libro
    AROMA ÁRABE
    Jamal, Salah
    Planeta
    Esta obra reúne relatos históricos, costumbres cuilinarias e interesantes anécdotas del mundo árabe, junto ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    29,90 €28,41 €

  • 501 receptes catalanes que has de conèixer abans de morir -5%
    Titulo del libro
    501 receptes catalanes que has de conèixer abans de morir
    García Massagué, Mónica
    Ara llibres
    501 receptes catalanes tradicionals per llepar-se els dits. Arrós amb samfaina i botifarra negra, cuetes de ra...
    No disponible

    26,90 €25,56 €

  • LIBRO DEL ARTE DE COCINA -5%
    Titulo del libro
    LIBRO DEL ARTE DE COCINA
    Hernández De Maceras, Domingo
    Maxtor
    Libro del arte de cocina en el que se contiene el modo de guisar comida en cualquier tiempo, tanto de carne com...
    No disponible

    8,00 €7,60 €

  • UNIVERSO -5%
    Titulo del libro
    UNIVERSO
    Duprat, Guillaume
    Zahori de ideas
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    22,00 €20,90 €

  • Sobre gustos y sabores -5%
    Titulo del libro
    Sobre gustos y sabores
    Miguel, Amando de
    Alianza
    De nada vale decir que siempre se ha comido lo mismo o que los alimentos son parte de la naturaleza. En primer ...
    No disponible

    16,50 €15,68 €

Galaxia a Llibreria Etcètera

  • O soño da febre -5%
    Titulo del libro
    O soño da febre
    Murado, Miguel Anxo
    Galaxia
    Este libro ten un protagonista singular: a febre: A febre como personaxe, como metáfora da imaxinación, do so...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    16,90 €16,06 €

  • A illa das mulleres loucas -5%
    Titulo del libro
    A illa das mulleres loucas
    Pexegueiro González, Alfonso
    Galaxia
    O espazo mítico dunha illa serve a Pexegueiro para iniciar unha pescuda que o ha levar, a través dunha voz ma...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,25 €12,59 €

  • As torres no ar -5%
    Titulo del libro
    As torres no ar
    Avilés de Taramancos, Antón
    Galaxia
    Este poemario é un dos cumios creativos do autor, no que a súa lírica amorosa e da saudade resultan máis pe...
    No disponible

    10,50 €9,98 €

  • Fiz Vergara Vilariño. Fotobiografía -5%
    Titulo del libro
    Fiz Vergara Vilariño. Fotobiografía
    Nº 23
    Rodríguez Yáñez, Yago
    Galaxia
    No disponible

    21,75 €20,66 €

  • O elefante -5%
    Titulo del libro
    O elefante
    Gherardi, Nadia
    Galaxia
    Descubre como nacen e como viven os animais que temos máis perto de nós e os das terras máis distantes: a le...
    No disponible

    4,40 €4,18 €