Resistencia

Resistencia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029251
Ano de edición:
Materia
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8302-925-1
Páxinas:
304
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
NARRATIVA

Desconto:

-5%

Antes:

22,95 €

Despois:

21,80 €
IVE incluído
Comprar

Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través  da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato, a través dunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada en terceira persoa, que protagonizan os personaxes principais -Dinís e Filipa- artéllase un percorrido centrado na represión exercida en Portugal durante as dictaduras de Salazar e Marcelo Caetano e na actividade da resistencia clandestina antifascista; un pano de fondo fundamental entretecido co relato dun bo número de historias de amor, entre as que salientan a de Dinís -un obreiro da fábrica de vidro Irmáns Stephen- e Filipa -filla dun rico comerciante de Coimbra-. Dinís e Filipa namoran perdidamente sen calibrar as consecuencias. O Pinhal do Rei, no oeste portugués, converteuse no testemuño da vida. Pero ninguén pode escapar ós designios do tempo e a vida dos amantes viuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron Portugal ata a Revolución dos Caraveis. Para os protagonistas a militancia política non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron  que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resistencia. Resistencia é unha novela de amores afastados na que todo  o move o amor, que case sempre nace inocente e que axiña se vai tornando complexo é difícil. Unha novela memorable que se move entre a  exaltación da resistencia política exercida por algúns personaxes e o  amor entendido como algo cruel que converte as persoas en escravas. Novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer; Resistencia é, pois, toda unha singradura a través da historia portuguesa da man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio.

Outros libros do autor en Llibreria Etcètera

  • Ás de bolboreta -5%
    Titulo del libro
    Ás de bolboreta
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Na "Luzada", a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes dÆ As de ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €14,16 €

  • Ámote leo a:destino xalundes -5%
    Titulo del libro
    Ámote leo a:destino xalundes
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,50 €14,73 €

  • A BATALLA DA PEQUENA CHAÑAN CURI COCA -5%
    Titulo del libro
    A BATALLA DA PEQUENA CHAÑAN CURI COCA
    Nº 265
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    A nai de Noelia e Miguel non ten cartos para pagar o piso, xa que foi despedida do estaleiro onde traballaba. H...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,50 €11,88 €

  • XELIS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR -5%
    Titulo del libro
    XELIS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da  Punta de Bruaboi, decatouse de que a...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €14,16 €

  • Faísca, a nena neandertal -5%
    Titulo del libro
    Faísca, a nena neandertal
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Xoel, Matilde, Diana e Carlos van de campamento a unha aldea preto de Triacastela. As vacacións preséntanse a...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,50 €12,83 €

Materia en Llibreria Etcètera

Xerais en Llibreria Etcètera