O VOLFRAMIO EN VARILONGO

O VOLFRAMIO EN VARILONGO. Santa Comba de Xallas 1941-1963

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499149912
Ano de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9914-991-2
Páxinas:
152
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
MEMORIA

Desconto:

-5%

Antes:

19,50 €

Despois:

18,53 €
IVE incluído

O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pé das farturentas minas de Varilongo, e alí entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver co "mineral" que, no seu día, mudou na comarca, nos anos de esplendor, fortunas, costumes, actitudes... A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos ó  xeito popular, como as "cantareas" recollidas nun capítulo deste libro.
 É o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as súas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasións, atopamos empresarios, traballadores ben  pagos e veciños que andaban "á roubeta" perseguidos pola Garda Civil.  Alá no fondo, movendo algúns dos fíos do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramón Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristóbal Martínez Bordiu.
 Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo está unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forján á cabeza, irmán de Enrique Líster, o heroico capitán das milicias republicanas.
 Esta é a primeira monografía sobre o tecido sociopolítico do volframio  galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos hábitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda ós pequenos filóns de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia.
 Xesús Alonso Montero

Materia en Llibreria Etcètera

Xerais en Llibreria Etcètera

  • O gardián invisible -5%
    Titulo del libro
    O gardián invisible
    Nº 333
    Redondo Meira, Dolores
    Xerais
    Dolores Redondo Meira, unha autora navarra de ascendencia galega, constrúe en O gardián invisible, a súa seg...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    25,50 €24,23 €

  • O traxe -5%
    Titulo del libro
    O traxe
    Castro Paredes, José Fernando
    Xerais
    Un home sae do hospital despois de varias operacións e padecementos. Está moi enfermo. Regresa á súa casa p...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,50 €15,68 €

  • Refugallo o espantallo -5%
    Titulo del libro
    Refugallo o espantallo
    Alonso Gasalla, Irene
    Xerais
    Comba é unha nena moi espelida e moi peculiar. Acompañada do seu gato Chosquiño, gústalle recoller materiai...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €12,30 €

  • De vagar. Expresión escrita 1 -5%
    Titulo del libro
    De vagar. Expresión escrita 1
    Llanes Bermejo, Ana María / Gómez Xurxo, Silvestre
    Xerais
    20 títulos que incorporan progresivamente as dificultades lectoras da lingua galega. Colección dirixida ...
    No disponible

    7,25 €6,89 €

  • Os últimos fuxidos -5%
    Titulo del libro
    Os últimos fuxidos
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    En Abades comezaba a anoitecer, cando arrincou a camioneta na que levaban presas a todas as mulleres entre dez ...
    No disponible

    19,95 €18,95 €