O viaxeiro radical

O viaxeiro radical

Nº:
336
Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498656121
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9865-612-1
Páxinas:
220
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Desconto:

-5%

Antes:

19,00 €

Despois:

18,05 €
IVE incluído
Notificar dispoñibilidade

Publícase O viaxeiro radical, unha novela de Xerardo Quintiá na que este poeta e narrador conta a historia dun home extraordinario que, encirrado pola busca do inalcanzable, decide vivir á marxe de calquera  convencionalismo ou imposición, en permanente conflito consigo mesmo e coa sociedade. Unha obra de ficción que volve poñer de actualidade os logros artísticos da primeira literatura moderna -da Nova Heloísa de Rousseau ao Wilhelm Meister de Goethe- e os achados do pensamento idealista do século XIX.
 O viaxeiro radical é unha novela baseada na figura de Manfred Gnädinger, artista alemán que en 1962 chegou á vila de Camelle despois  dunha longa viaxe cruzando boa parte de Europa. Nese momento comeza a  historia dun home extraordinario que, encirrado por un pulo de liberdade, decidiu vivir á marxe de calquera convencionalismo ou imposición, en permanente conflito cos que o rodeaban. Un artista ceibe e solitario, marxinal por convencemento e necesidade, que transformou a súa propia existencia coa finalidade de que Vida e Arte se fundisen ata formar un todo indisoluble.
 A novela indaga nos aspectos que, en determinados momentos da vida do protagonista, o empurraron a tomar decisións controvertidas, e pretende achegarse á cerna do personaxe para comprender a razón da súa  radicalidade existencial. Ao mesmo tempo, a ficción leva a quen le a facer unha reflexión sobre aspectos fundamentais que determinan a existencia, tales como o amor, a amizade e a busca do sentido da vida.

Outros libros do autor en Llibreria Etcètera

  • Titiritess -5%
    Titulo del libro
    Titiritess
    Quintia Perez, Xerardo
    Oqo
    Titiritess lives in the kingdom of Daybeforeyesterday. Her mother, Mandolin, dreams of her daughter well m...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €14,16 €

  • Poesía en ruta -5%
    Titulo del libro
    Poesía en ruta
    Quintiá, Xerardo
    Espiral maior, s.l.
    No disponible

    15,00 €14,25 €

  • FORNELOS & FORNELOS -5%
    Titulo del libro
    FORNELOS & FORNELOS
    Quintia, Xerardo
    Xerais
    A través dunha arquitectura sólida e un universo poético enlazado na mellor tradición literaria occidental ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,50 €13,78 €

  • Finísimo po nas ás -5%
    Titulo del libro
    Finísimo po nas ás
    Quintiá, Xerardo
    Galaxia
    No disponible

    8,10 €7,70 €

  • Titiritesa -5%
    Titulo del libro
    Titiritesa
    Quintia, Xerardo
    Oqo
    Titiritesa vive no reino de Anteontem. A mãe, Mandolina, sonha ver a filha bem casada e tenta educá-la c...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €14,16 €

Materia en Llibreria Etcètera

Galaxia en Llibreria Etcètera

  • A malferida -5%
    Titulo del libro
    A malferida
    Nº 468
    Rega Jul, Irene
    Galaxia
    Premio Illa Nova de Narrativa 2022 O medo é un sentimento forte e poderoso, unha arañeira que te atrapa ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,50 €17,58 €

  • Onde ferve a memoria -5%
    Titulo del libro
    Onde ferve a memoria
    Nº 113
    Rodríguez Baixeras, Xavier
    Galaxia
    Na primavera silenciosa o poeta consegue entrar na súa casa, mais só para atopar o abatemento e a disolución...
    No disponible

    13,95 €13,25 €

  • Diario de Moscova -5%
    Titulo del libro
    Diario de Moscova
    Nº 460
    WALTER BENJAMIN
    Galaxia
    Diario de Moscova narra a estancia de Walter Benjamin nesta cidade entre decembro de 1926 e febreiro de 1927, o...
    No disponible

    18,50 €17,58 €

  • OS WOMBIS E OS CUEIROS -5%
    Titulo del libro
    OS WOMBIS E OS CUEIROS
    Rebumbio, Emilia
    Galaxia
    Esta obra forma parte dunha colección de libros que contan a historia dos Wombis, uns simpáticos animais...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,90 €15,11 €

  • O LANZADOR DE COITELOS -5%
    Titulo del libro
    O LANZADOR DE COITELOS
    CASTRO PAREDES, FERNANDO
    Galaxia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    22,60 €21,47 €