O galego Soto, líder da Patagonia rebelde

O galego Soto, líder da Patagonia rebelde

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023167
ISBN:
978-84-8302-316-7
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

Desconto:

-5%

Antes:

20,60 €

Despois:

19,57 €
IVE incluído

Baixo o título O Galego Soto. Líder da Patagonia Rebelde, Lois Pérez Leira (como coordinador), a historiadora Dolores Vieites Torreiro, o xornalista e intelectual arxentino Osvaldo Bayer, e o sindicalista Manuel Mera recuperan a figuran de Antonio Soto Canalejo, "O galego Soto", líder que foi da revolta obreira da Patagonia arxentina nos anos vinte. O libro estructurado en catro partes, correspondendo cada unha á contribución de cada un dos autores, aparece dentro dun novo formato da colección "Crónica", apoiado por unha estensa e coidada documentación fotográfica, a maior parte dela inédita ata hoxe en Galicia. Antonio Soto, alto rubio e de ollos claros, naceu en Ferrol en 1897 e chegaría a Buenos Aires a unha idade temperá, cando a cidade  arxentina era un fervedeiro de folgas e manifestacións, que tiñan por  fin reclamar mellores condicións de traballo e salario para a clase obreira. A vida de Soto quedou inmortalizada na película dirixida por Héctor Oliveira, que protagoniza o actor Federico Luppi, La Patagonia Rebelde e no recente documental de Xan Leira, estreado en Canal +. O presente volume pretender difundir en Galicia e recuperar para a súa memoria colectiva unha figura descoñecida aquí, pero que constitúe un auténtico mito na historia da Arxentina de hoxe. A vida de Soto estivo  envolta na loita obreira. A pouco de chegar a Río Gallegos foi elixido secretario xeral da Federación Obreira da Poboación. Alí xunto  a outros traballadores da hostelería e da lá, protagonizou unha folga  de protesta para reclamar, entre outras cousas, un salario de oito horas, cama digna, candeas e alimentos. As sublevacións, alentadas na súa maioría por emigrantes galegos, animan ó exército arxentino a actuar e sofocar as manifestacións. Para isto, enviou tropas para dobregar ós folguistas co resultado da morte de máis de 1.500 traballadores. Un auténtico xenocidio que constitúe unha das páxinas máis negras da historia arxentina.

Xerais en Llibreria Etcètera

  • O club da calceta -5%
    Titulo del libro
    O club da calceta
    Reimóndez, María
    Xerais
    Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustración...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,95 €18,95 €

  • Contos para rapaces pillabáns -5%
    Titulo del libro
    Contos para rapaces pillabáns
    Prévert, Jacques
    Xerais
    Unha avestruz come os callaos que tiraba Polgariño e logo convénceo para percorre-lo mundo. Un antílope que ...
    No disponible

    7,40 €7,03 €

  • GALEGOCALANTES E GALEGOFALANTES -5%
    Titulo del libro
    GALEGOCALANTES E GALEGOFALANTES
    CALLóN, CARLOS
    Xerais
    «Tócanos definir se imos permitir que destrúan o idioma propio do país  ou se, polo contrario, imos ser a x...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,50 €19,48 €

  • Os Libros De Merlin. Lecturas 3. Educacion Primari -9%
    Titulo del libro
    Os Libros De Merlin. Lecturas 3. Educacion Primari
    Lastra Muruais
    Xerais
    No disponible

    30,05 €27,35 €

  • A gaita gallega -5%
    Titulo del libro
    A gaita gallega
    Pintos, Xoán Manuel
    Xerais
    A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a...
    No disponible

    22,95 €21,80 €