Modelos de lingua e compromiso

Modelos de lingua e compromiso

Editorial:
Baia
EAN:
9788499951492
Ano de edición:
Materia
ENSAIOS
ISBN:
978-84-9995-149-2
Páxinas:
212
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Desconto:

-5%

Antes:

10,95 €

Despois:

10,40 €
IVE incluído
Notificar dispoñibilidade

Modelos de lingua e compromiso é unha reflexión sobre a necesaria vinculación entre calidade do noso idioma e a súa recuperación.
 A publicación, coordinada por Xosé Manuel Sánchez Rei, dá acubillo a traballos realizados polas profesoras e polos profesores da Facultade de Filoloxía da UDC Goretti Sanmartín Rei, Laura Tato Fontaíña, Manuel  Ferreiro, Xosé Ramón Freixeiro Mato e o propio Xosé Manuel Sánchez Rei, integrantes, asemade, do Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega da UDC (http:www.illa.udc.gal).
 O estudo participa no debate vixente sobre o modelo lingüístico que se  debe promover ou sobre se realmente ten sentido falarmos dunha "lingua de calidade", profundando na necesaria confluencia entre o compromiso real co idioma desde as institucións públicas coa proxección dunha referencia exemplar digna de calidade para o galego.
 Por iso, o propio título deste volume colectivo, Modelos de lingua e compromiso, sintetiza con acerto unha das ideas xerais contidas e matizadas en cada un dos traballos desde prismas diferentes, cal é o estreito vínculo entre a implicación coa normalización do galego en todos os ámbitos de uso e a predilección por un modelo lingüístico capaz de o estilizar e de o dignificar; dificilmente se pode pensar nunha restauración social da lingua cando o que se pretende restaurar está fortemente erosionado polo español, cando se confunde autenticidade idiomática soamente con variedades coloquiais ou cando se parece tolerar con certa normalidade, mesmo en ámbitos académicos, inquietantes doses de hibridación con aquela lingua.
 Para desenvolver estes puntos de partida, preséntase unha organización  das cinco contribucións que avanza do máis xenérico a cuestións máis concretas:
 -"Lingua oral, calidade da lingua e futuro do galego", de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
 -"A preocupación por unha lingua oral de calidade: aproximación histórica ao caso do galego nos anos finais do século XIX e nos inicios do XX", de Xosé Manuel Sánchez Rei.
 -"Arredor da calidade da lingua no teatro da primeira metade do século  XX", de Laura Tato Fontaíña.
 -"Eduardo Pondal á procura do verbo sublimado. Arredor das re-escrituras pondalianas", de Manuel Ferreiro.
 -"A estética da seguranza. Lingua e transcendencia en Rosalía", de Goretti Sanmartín Rei.

Outros libros do autor en Llibreria Etcètera

Materia en Llibreria Etcètera

Baia en Llibreria Etcètera

  • As cartas do desarraigo -5%
    Titulo del libro
    As cartas do desarraigo
    Nº 46
    Vidal Blanco, Francisco Antonio
    Baia
    Finalista do IV Premio Vilar Ponte 2022 (Concello de Viveiro). Tras case cincuenta anos de ausencia, Fabio volv...
    No disponible

    16,00 €15,20 €

  • Donas de nós -5%
    Titulo del libro
    Donas de nós
    Nº 38
    Rodríguez Rodríguez, Ánxela
    Baia
    Gañadora do 10.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022 O xurado valorou na obra: ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    9,65 €9,17 €

  • O GATIPEDRO -5%
    Titulo del libro
    O GATIPEDRO
    Paz, Jacobe;Xosé Tomás
    Baia
    Un neno, que se considera maior de máis, négase xa a poñer cueiros cando vai durmir pero ten un grave proble...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,05 €11,45 €

  • Química 2ºbacharelato -5%
    Titulo del libro
    Química 2ºbacharelato
    Dominguez Real, Manuela
    Baia
    Este libro que está dirixido ao alumnado de Segundo de Bacharelado foi  elaborado tendo en conta o Decreto que...
    No disponible

    32,24 €30,63 €

  • A voz das últimas cigarreiras coruñesas -5%
    Titulo del libro
    A voz das últimas cigarreiras coruñesas
    Romero Masiá, Ana
    Baia
    Darlles voz ás cigarreiras. Iso mesmo debeu pensar Emilia Pardo Bazán.  Darlles voz directa, non falar sobre ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    31,80 €30,21 €