Médicos e medicina rural na Costa da Morte. A figura do doutor Manuel Pérez Maroño

Médicos e medicina rural na Costa da Morte. A figura do doutor Manuel Pérez Maroño

Editorial:
Hercules ediciones
EAN:
9788419754257
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-19754-25-7
Páxinas:
240
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
CASTELLANO
Ancho:
165
Alto:
240
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
SIN COLECCION

Desconto:

-5%

Antes:

20,00 €

Despois:

19,00 €
IVE incluído
Comprar

As condicións de traballo eran moi duras. Non había horarios, a atención prestábase as vinte e catro horas do día, os sete días da semana e os trescentos sesenta e cinco días do ano. Apenas había estradas, e para chegar á casa de moitos doentes cumpría ir por corredoiras enlamadas. Casas ás que, en moitas ocasións, aínda non chegara a luz eléctrica. O cabalo, a moto e o utilitario foron marcando no tempo o progreso dos médicos e o desenvolvemento das zonas. Atendían partos, fracturas, enfermidades comúns e todos os problemas de saúde que lles afectasen aos seus pacientes, pois trasladalos á cidade era moi complicado e moitos tampouco dispoñían de recursos económicos para facerlles fronte. Os médicos rurais de entón foron profesionais que exerceron a medicina cunha entrega absoluta, suplindo  as carencias técnicas cun enxeño e unha pericia practicamente infinitos. Auténticos heroes silenciosos, como foron chamados, que atendían os seus pacientes cun trato familiar moi humanitario, en ocasións sen cobrarlles, incluso dándolles de comer ou mesmo cartos para comprar as  medicinas a aqueles máis necesitados, nunha época de grandes carencias e pobreza. Eran persoas da total confianza dos seus pacientes, auténticos confesores, conselleiros e gardiáns de segredos. Manuel Pérez Maroño foi un deses médicos rurais durante un longo período de máis de corenta anos, que abarca desde mediada a década dos  cincuenta ata 1995, en que se produciu a súa xubilación. No desempeño  da profesión é recoñecido como «un dos médicos rurais máis activos da Costa da Morte durante a segunda metade do pasado século», cun importante «labor de liderado da  clase sanitaria da zona» (La Voz Carballo, 2005). Pero sobre todo segue a ser lembrado como un home de ben, próximo e humilde, de fácil trato, accesible a calquera independentemente da súa procedencia ou condición, con innumerables e apreciados amigos alá por onde foi. Dotado dunha grande intelixencia, fina ironía e simpatía por milleiros, fixo gozar coas súas historias a todos aqueles que as compartían con el. Este libro recolle, a grandes trazos, parte da súa vida e das súas andanzas polos lugares, aldeas e vilas da vella e incomparable Costa da Morte.

Materia en Llibreria Etcètera

Hercules ediciones en Llibreria Etcètera

  • La llave del tamaño -5%
    Titulo del libro
    La llave del tamaño
    Nº 37
    Monteiro Lobato, José Bento Renato
    Hercules ediciones
    La traviesa muñeca Emilia, movida por el deseo de poner fin a la Segunda Guerra Mundial, desconecta la Llave d...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,00 €15,20 €

  • A MORTE DO MEU PAI -5%
    Titulo del libro
    A MORTE DO MEU PAI
    Eire, Afonso
    Hercules ediciones
    A morte do meu pai. Unha historia, un mar de sentimentos, un relato persoal que se fai, ao mesmo tempo, univers...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,90 €17,01 €

  • A Coruña, pasado e presente -5%
    Titulo del libro
    A Coruña, pasado e presente
    Castro Roig, Xosé
    Hercules ediciones
    Carmen Martínez Torrón e mais Xosé Castro Roig son dous coruñeses deses «de toda a vida». Con este proxec...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,00 €18,05 €

  • As formiguiñas filandeiras -5%
    Titulo del libro
    As formiguiñas filandeiras
    Nº 36
    García, Victoria
    Hercules ediciones
    As formigas filandeiras tiñan medo de saír do buraco no que vivían, ata que un día se cansaron e decid...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,50 €12,83 €

  • Camiño primitivo -5%
    Titulo del libro
    Camiño primitivo
    AA.VV
    Hercules ediciones
    "Grande Obra dos Camiños de Santiago. Iter Stellarum nace co fin de analizar e mostrar de forma global todas a...
    No disponible

    135,00 €128,25 €