Historia da educación e da cultura en Galicia (Séculos IV-XX)

Historia da educación e da cultura en Galicia (Séculos IV-XX). Permanencias e cambios no contexto cultural e educativo europeo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822206
Ano de edición:
Materia
XEOGRAF?A
ISBN:
978-84-9782-220-6
Páxinas:
1248
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Desconto:

-5%

Antes:

65,95 €

Despois:

62,65 €
IVE incluído

Esta impresionante obra do profesor Antón Costa Rico analiza e valora o rico e múltiple pasado educativo e cultural de Galicia desde a súa romanización e cristianización até o presente, á luz e no contexto da historia cultural e educativa europea. Importantes personaxes, institucións educativas e culturais, iniciativas e obras intelectuais e literarias saen á luz nuns casos, ou son examinadas no cadro da sociedade galega e nos contextos hispano e europeo, cando é oportuno. Unha obra que constitúe unha detida análise dos procesos educativos e culturais en Galicia no tempo da historia antiga, durante a alta e baixa Idade Media, no renacemento, ao longo do Antigo Réxime e da Ilustración, así como os dous últimos séculos da historia de Galicia. A materia de estudo, as súas formas, os libros e os textos, as idades escolares, a biblioteca, as institucións, os intercambios dos galegos con Europa e América, o papel da Igrexa Católica entre nós, os conflitos culturais, a incoporación dos avances e das reformas científicas, isto é, unha visión poliédrica do que fomos desde o ángulo educativo e cultural; unha historia social do coñecemento en Galicia, co trasfondo da historia cultural e educativa europea. Prologada por Xosé Ramón Barreiro Fernández e por Agustín Escolano Benito, a obra componse de dez capítulos, cun extraordinario acompañamento de notas críticas e de referencias bibliográficas, unha antoloxía de textos literarios e pedagóxicos acaídos e amplos índices analíticos, onomásticos, toponímicos, de obras e de institucións citadas no texto, máis unha biografía xeral. Unha obra fundamental de estudo, de referencia e de consulta obrigada,  sobre a nosa historia cultural e educativa, elaborada con criterio académico e tamén marcadamente didáctico, de interese para profesores de todos os niveis educativos, estudosos, curiosos e lectores no campo  da historia, da literatura e a filoloxía, a filosofía e a educación.

Outros libros do autor en Llibreria Etcètera

Materia en Llibreria Etcètera

  • Pro mundi beneficio -5%
    Titulo del libro
    Pro mundi beneficio
    Pérez, Juan Manuel
    Fund.pedro barrie maza
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    21,00 €19,95 €

  • Muntanyes de Canejan. Val de Toran -5%
    Titulo del libro
    Muntanyes de Canejan. Val de Toran
    Montserrat Timoneda i Jaume Llanes
    Cossetania edicions
    Aquesta obra és el resultat d'un treball apassionat i sistemátic d'exploració de la Val de Toran, un dels in...
    No disponible

    18,90 €17,96 €

  • Una història de 'La Vanguardia' -5%
    Titulo del libro
    Una història de 'La Vanguardia'
    Huertas Claveria, Josep Maria
    Angle
    L'afer Galinsoga, les escoltes il·legals, els canvis d'orientació política, els conflictes amb altres diaris...
    No disponible

    16,90 €16,06 €

  • Josep Milà -5%
    Titulo del libro
    Josep Milà
    Francesc Roma i Casanovas
    Cossetania edicions
    Josep Milá va desenvolupar la seva carrera excursionista en els anys més foscos del franquisme, quan la prác...
    No disponible

    9,80 €9,31 €

  • Arabes, Los -5%
    Titulo del libro
    Arabes, Los
    Rogan, Eugene
    Critica
    Eugene Rogan, profesor de la Universidad de Oxford, ha escrito la historia de los pueblos árabes que necesitan...
    No disponible

    32,00 €30,40 €

Xerais en Llibreria Etcètera