GUAU 3 ANOS 3ºTRIM. GALEGO

GUAU 3 ANOS 3ºTRIM. GALEGO

Editorial:
Sm
EAN:
9788498543865
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9854-386-5
Páxinas:
180
lingua:
GALEGO
Ancho:
26
Alto:
31
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
EDUCACION INFANTIL

Desconto:

-5%

Antes:

33,45 €

Despois:

31,78 €
IVE incluído

O proxecto Guau parte da necesidade de ofrecerlles aos mestres de Infantil un material que lles facilite a tarefa da aula e a aprendizaxe do alumno de forma significativa e motivadora, sexa cal sexa o seu ritmo de aprendizaxe. Quixemos incorporar nel as suxestións  que recibimos de vós, os profesores, para crear un método que atenda a todos aqueles que queredes traballar os centros de interese fundamentais nesta etapa pero incorporando temáticas actualizadas.O número de fichas que vos ofrecemos en cada trimestre permite que poidades incorporar aqueles proxectos que van xurdindo ao longo do curso e que dan identidade aos vosos centros. Por outra banda, quixemos incorporar outros materiais didácticos de interese como os libros informativos, as láminas borrables (A miña tableta máxica) e o material manipulativo para o desenvolvemento das capacidades de lóxica  matemática, que vos faciliten a tarefa da aula e a atención da diversidade do alumnado. E por último, comprometidos co desenvolvemento integral do alumno, non quixemos deixar de lado a atención á educación emocional, que nos permitirá desenvolver competencias para crecer sans e felices e conseguir un maior benestar e unha sociedade máis humana e máis respectuosa.O proxecto Guau ten un  enfoque globalizador que integra as distintas áreas do currículo e xira arredor dos centros de interese. E un método centrado no traballo  das fichas, como resultado dun traballo previo cuxo desenvolvemento son as propostas da guía, e na lectura de contos e outros libros informativos.Atención á diversidadeCada alumno ten un ritmo de aprendizaxe diferente e unhas capacidades distintas, pero o noso labor  é descubrir cales teñen máis desenvolvidas para, a través delas, conseguir estimular as demais. Neste sentido, propuxemos uns materiais  manipulativos que permiten o razoamento desde a propia experiencia. O  desenvolvemento grafomotor e das destrezas tamén é fundamental nesta etapa e, por iso, os materiais de Guau traballan estes aspectos de forma específica e adaptable ao ritmo de cada un.Educación integral e en valoresO proxecto Guau aposta por unha educación desde todos os ámbitos, e así o pon de manifesto a súa completa oferta de materiais e  a orientación de cada un deles. A educación emocional é a base da adquisición progresiva de hábitos e comportamentos desexables, por iso  se traballa desde os materiais. Ao longo de todo o proxecto, tamén ten especial importancia o estímulo do pensamento crítico, co fin de que os alumnos se propoñan cuestións e cheguen eles mesmos a conclusións (Aprender a pensar). Neste sentido están orientados os materiais destinados a fomentar a curiosidade polo contorno que os rodea.Motivación do alumnoO reforzo positivo e a motivación do alumno son aspectos fundamentais para potenciar a aprendizaxe e o desenvolvemento do neno. Con este obxectivo, Guau creou un motivador fío condutor protagonizado por unhas mascotas entrañables coas que os alumnos sentirán empatía e aprenderán a enfrontarse a situacións cotiás. Do mesmo modo, confiamos no uso das TIC como unha práctica ferramenta para potenciar a atención e o traballo colectivo.Fío condutorGuau aposta pola educación emocional a través do seu magnífico  fío condutor e é un dos seus sinais de identidade máis relevantes. O proxecto está protagonizado por tres cachorros de can moi especiais.As  historias que protagonizan recrean situacións cotiás, aínda que teñen  un detalle de maxia, para atraer a imaxinación dos alumnos. Con todo isto, o proxecto Guau propiciará un clima único na túa aula.3.º TrimestreUnidade 6. De flor en flor. AS PLANTASUnidade 7. Animais en liberdade. OS ANIMAIS SALVAXESUnidade 8. Remata o cole. AS VACACIONS Esta carpeta contén:-Tres contos da mascota-Tres unidades didácticas-Adhesivos-Un conto clásico-Un conto de educación emocional-Un caderno de plástica e figuras precortadas-Un libro informativo-Un boletín de progresos-A miña tableta máxica-Un rotulador-Material manipulativo de matemáticas-Unha revista para a familia-CD de cancións-CD TICGuau, un proxecto de enfoque globalizador  que pon a súa atención na educación emocional, a atención á diversidade e a educación en valores.

Sm en Llibreria Etcètera

  • GEOGRAFIA E HISTORIA 1ESO SAVIA N MADRID -9%
    Titulo del libro
    GEOGRAFIA E HISTORIA 1ESO SAVIA N MADRID
     
    Sm
    No disponible

    54,17 €49,29 €

  • music workbook 1ºprim.*musica ingles* savia -9%
    Titulo del libro
    music workbook 1ºprim.*musica ingles* savia
     
    Sm
    At SM we know that education stands for development. 'Savia' means 'sap' in Spanish, and, just like plant sap, ...
    No disponible

    9,07 €8,25 €

  • El mono imitamonos -5%
    Titulo del libro
    El mono imitamonos
    Nº 7
    Armijo, Consuelo
    Sm
    Un mono, que se divierte mucho imitando a los otros monos, vive con su  madre en el bosque. Tratando de imitar ...
    No disponible

    7,50 €7,13 €

  • CONOCIMIENTO 4ºPRIM. TRIMESTRAL MADRID CONECTA 2.0 -9%
    Titulo del libro
    CONOCIMIENTO 4ºPRIM. TRIMESTRAL MADRID CONECTA 2.0
    Gragera, Raquel;Oñate, Matías;Ortega, José Ignacio;Casacuberta Suñer, Assumpta;Parcet Obiols, Blanca;Cuso Campo, Mònica;Pellicer Iborra, Carmen;Varela
    Sm
    Proyecto Conecta 2.0 Conecta 2.0 es el nuevo proyecto de ediciones SM para el segundo ciclo de Educación Prima...
    No disponible

    41,52 €37,78 €

  • El hombre que compró la ciudad de Estocolmo -5%
    Titulo del libro
    El hombre que compró la ciudad de Estocolmo
    Rodari, Gianni
    Sm
    Al mercado de Gavirate van a parar ciertos hombrecillos que venden de todo, y no hay lugar donde hallar profesi...
    No disponible

    14,94 €14,19 €