Fenda, loucura e morte

Fenda, loucura e morte

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023969
ISBN:
978-84-8302-396-9
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
PETO

Desconto:

-5%

Antes:

7,10 €

Despois:

6,75 €
IVE incluído

O feito de reunir nun mesmo volume estes catro relatos (``A páxina en branco´´ de Karen Blixen; ``O papel de parede amarelo´´, de Charlotte Perkins Gilman; e ``O indulto´´ e ``O encaixe roto´´, de Emilla Pardo Bazán) non é un feito arbitrario. A pesar da distinta procedencia das escritoras, danesa, americana e española, e incluso de época, teñen unha mesma liña ideolóxica. Charlotte Perkins e Emilia Pardo Bazán escriben na segunda metade do século XIX e primeira do XX. Karen Blixen comeza a escribir tarde, no ano 1931, ao seu regreso de Africa.  A orde, neste volume, non corresponde coa cronoloxía da creación, Senón coa significación da propia historia. Parten dun feito clave: a perda da virxindade, da pureza, considerada como valor supremo das mulleres, para seguir co matrimonio que, unha vez perdida esa integridade persoal, condena as mulleres á dependencia, ao infantilismo, á perda da confianza en si mesmas e, no peor dos casos, á morte. Nestes relatos encontramos unha crítica común a esta institución e á condición social das mulleres. Baixo esta perspectiva ideolóxica reunín e traducín estas catro historias que son catro pequenas obras mestras, cunha profunda precisión psicolóxica, que confrontan a política sexual e a problemática do matrimonio. Son magníficos documentos feministas. María Xosé Queizán.

Xerais en Llibreria Etcètera

  • (97).CIENCIAS NATUREZA 2º.ESO (SECUNDARIA) -9%
    Titulo del libro
    (97).CIENCIAS NATUREZA 2º.ESO (SECUNDARIA)
    Cid González, Roxelia / Chouza Mata, Manuel / Porto Becerra, Mª Dolores / Rodríguez Mayo, F. Manuel / Rodríg
    Xerais
    No disponible

    33,85 €30,80 €

  • Lois Pereiro. Breve encontro -5%
    Titulo del libro
    Lois Pereiro. Breve encontro
    Fernández Serrano, Jacobo
    Xerais
    Esta novela gráfica en branco e negro de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitú...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,50 €17,58 €

  • VIAXE AO FUTURO -5%
    Titulo del libro
    VIAXE AO FUTURO
    AA.VV
    Xerais
    Poderán crearse edificios en 3D?  Cales serán as profesións do futuro?  Poderemos conectar o cerebro cu...
    No disponible

    16,95 €16,10 €

  • O sarillo do tempo -5%
    Titulo del libro
    O sarillo do tempo
    Neira Vilas, Xosé
    Xerais
    A vida, o mundo, as amizades, as homenaxes, a historia, a literatura protagonizan este centenar de artigos de X...
    No disponible

    18,80 €17,86 €

  • O misterio das badaladas -5%
    Titulo del libro
    O misterio das badaladas
    DoCampo, Xabier P.
    Xerais
    No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €14,16 €