Estrema. Derrota

Estrema. Derrota

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023617
Materia
TEATRO
ISBN:
978-84-8302-361-7
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CENTRO DRAMATICO GALEGO

Desconto:

-5%

Antes:

10,10 €

Despois:

9,60 €
IVE incluído

Unha temática urbana, contemporánea, universal é a que se percibe en Derrota, obra cronoloxicamente anterior a Estrema. Doce personaxes anónimos, oito homes e catro mulleres, no espacio indeterminado dun parque público, protagonizan unha serie de escenas aparentemente inconexas entre si que progresivamente van adquirindo sentido para chegar a unha coherencia final que lles proporciona significado. A corrupción, a identidade, o paso do tempo, as relacións humanas... o mundo da marxinación, a morte, a droga, a delincuencia, o amor, a esperanza no futuro, todo se presenta ante nós a través das situacións  que viven os personaxes no parque. E unha obra moderna na súa forma, de actualidade na súa temática. E un texto ben escrito e construido, admirablemente dialogado, que utiliza referentes coñecidos e que sabe alternar o cotián co transcendente, evitando o transcendentalismo pero  transmitindo de modo moi eficaz o contido cunha poderosa teatralidade.Tamén hai teatralidade pura en Estrema, un texto redondo na súa forma e no tratamento da súa temática. Estrema é o linde de terras, a demarcación onde se dividen as herdades de distintos donos. Estamos ante un esbozo da Galicia eterna, contemplada con tráxica e amorosa mirada que teme a súa capacidade autodestructiva... Dous homes  maduros -o da esquerda, o da dereita- serán, como os personaxes de Lugar, os polos de actitudes e vivencias opostas. O texto amósanos o protagonismo de dous mundos opostos, o da modernidade fronte ao da tradición, o campo fronte á cidade (e a necesidade de arredar dela), a  falacia dunha ideoloxía progresista urbana fronte á realidade do traballo físico no agro. Estamos ante unhas terras que se venden... unha pedra sinala a demarcación en venda... E unha pedra que sinala tamén os niveis da tolerancia humana. Un metro e medio de terra será metáfora dun abismo, dos límites da existencia, da luz, da escuridade,  do silencio, do podá... o da razón, o da pedra, eterna, inamovible.

Outros libros do autor en Llibreria Etcètera

  • Nun mundo hostil -5%
    Titulo del libro
    Nun mundo hostil
    Dans Mayor, Raúl
    Espiral maior, s.l.
    No disponible

    15,00 €14,25 €

Materia en Llibreria Etcètera

Xerais en Llibreria Etcètera

  • Lugo y la Galicia oriental -5%
    Titulo del libro
    Lugo y la Galicia oriental
    LAREDO VERDEJO, XOSE LUIS
    Xerais
    No disponible

    17,00 €16,15 €

  • Contos de animais II -5%
    Titulo del libro
    Contos de animais II
    Miranda, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,00 €9,50 €

  • ¡Boas noites! -5%
    Titulo del libro
    ¡Boas noites!
    Berner, Rotraut Susanne
    Xerais
    No disponible

    6,25 €5,94 €

  • Matemáticas II -5%
    Titulo del libro
    Matemáticas II
    Villamil Amor, Sergio / Fraga Vila, Ana
    Xerais
    No disponible

    9,56 €9,08 €

  • As embarcacións de pasaxe das rías galegas (1573-2000) -5%
    Titulo del libro
    As embarcacións de pasaxe das rías galegas (1573-2000)
    Máiz Vázquez, Bernardo
    Xerais
    As embarcacións de pasaxe das rías galegas (1573-2000) é un traballo onde o autor artella unha sólida estru...
    No disponible

    18,80 €17,86 €