Elementos de crítica literaria

Elementos de crítica literaria

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822534
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-253-4
Páxinas:
696
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

Desconto:

-5%

Antes:

36,30 €

Despois:

34,49 €
IVE incluído

Este libro, coordinado polo profesor Arturo Casas, márcase o obxectivo  de elaborar unha achega sistemática e cohesionada sobre a Crítica no marco xeral dos Estudos literarios. Para alcanzalo, comeza por delimitar a identidade da Crítica como disciplina e por dirimir o lugar e funcións que lle corresponden en tanto actividade social, cuestións tratadas no primeiro dos seus tres bloques, "Aspectos teóricos". No segundo e no terceiro, "A Crítica e os xéneros" e "A Crítica e o espazo interartístico", expóñense as claves analíticas de diversos métodos crítico-literarios e efectúanse aplicacións concretas  dos seus operativos sobre os arquixéneros recoñecidos pola Poéticas clásicas ou modernas (narrativa, poesía, teatro e ensaio) e sobre diferentes clases textuais ou discursivas (o diálogo, a descrición, a narración ou a argumentación, entre outras). Tamén se revisan neses percorridos problemas tan relevantes como a experiencia da lectura, a ficcionalidade ou a propia noción de xénero e as súas posibilidades tipolóxicas.  "Elementos de Crítica literaria" é un manual vinculado á ampla experiencia docente e investigadora do grupo de Teoría da literatura e  Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela (TLLC-USC). Dos capítulos do libro responsabilizáronse especialistas en cada un dos sectores delimitados polo coordinador, de maneira que aos panoramas de conxunto puido sumarse en cada caso un pormenorizado estado da cuestión que presenta con rigor a tradición académica e asemade achega información moi precisa sobre o rico e complexo debate actual en torno ao feito literario e cultural. Son autores da obra: Anxo Abuín González, Silvia Alonso, Fernando Cabo Aseguinolaza, Arturo  Casas, Iris Cochón Otero, César Domínguez, Antonio J. Gil, María do Cebreiro Rábade Villar, Angeles Rodríguez Fontela, Norma Rodríguez González, Iria Sobrino Freire, Teresa Vilariño Picos e Darío Villanueva.

Xerais en Llibreria Etcètera

  • 10.DESENVOLVEMENTO ECONOMICO.../CAD.HISTORIA XERCOM -5%
    Titulo del libro
    10.DESENVOLVEMENTO ECONOMICO.../CAD.HISTORIA XERCOM
     
    Xerais
    No disponible

    8,00 €7,60 €

  • O FRESCO -5%
    Titulo del libro
    O FRESCO
    F.Freixanes, Victor
    Xerais
    Uns din que o mataron os falanxistas e a Garda Civil nos montes do Confurco. Outros, que houbo traizón, que fo...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,50 €19,48 €

  • Traballando co léxico 3. Solucionario -5%
    Titulo del libro
    Traballando co léxico 3. Solucionario
    Doural Rocha, Ana / Granxa González, Xosé Antón / Martínez Seixo, Ramón Anxo / Vázquez Lamazares, Azucena /  
    Xerais
    No disponible

    12,85 €12,21 €

  • Biscoito de castañas -5%
    Titulo del libro
    Biscoito de castañas
    Mojón, Lucía
    Xerais
    Unha tarde de outono; unhas castañas desaparecidas e a lenda da Cova da Pena Grande. Pai e filla gozan xuntos ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,50 €14,73 €

  • Tristes armas -5%
    Titulo del libro
    Tristes armas
    Mayoral, Marina
    Xerais
    Esta é a historia dunha carta que nunca chegou ó seu destino. Tamén é a historia de dúas nenas, Harmonía ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €13,25 €