A empresa é o centro da actividade económica.O obxectivo da EconomÃa da Empresa é mostrar que é e como actúa unha empresa no seu contexto económico e sociopolÃtico, analizando as súas caracterÃsticas e funcionamento global.
O obxectivo, pois, deste libro é o de permitir coñecer a empresa encanto que organismo encargado de producir todo aquilo que a sociedade necesita, asà como o seu funcionamento a través da análise das súas distintas áreas funcionais de actividade.
O BoletÃn Oficial do Estado do 6 de novembro de 2007 recolle os contidos mÃnimos do bacharelato e en concreto os referidos á materia de EconomÃa da Empresa establecidos pola administración educativa. Dando continuidade a estes contidos, a Administración galega (DOG do 23 de xuño de 2008) aproba o currÃculo obxecto de estudo e, en función del, planifÃcase o desenvolvemento da materia. As modificacións introducidas no decreto xustifican a reelaboración do anterior manual de 2004 da mesma autorÃa, dando lugar a esta nova proposta que confiamos igualmente sirva para os fins para os que foi escrita.
A materia busca estudar a empresa, tanto desde unha perspectiva interna como das súas interaccións coa sociedade. Tendo en conta que a empresa é un organismo en constante adaptación aos cambios que se dan na sociedade, trata de entender a lóxica das súas actuacións valorando os seus resultados e as consecuencias da súa actuación, tanto desde o punto de vista social como ético ou ambiental.
O presente manual está estruturado en sete bloques de contidos, que recorren as diversas actividades da empresa, desde o concepto e as relacións co contorno até as diferentes áreas funcionais de actividade, e un anexo que servirá de guÃa para a elaboración dun proxecto empresarial. O primeiro bloque analiza a empresa e as súa función social, estudando o concepto, clases e relación co seu contorno. O segundo bloque analiza a empresa en funcionamento, en aspectos como localización, dimensión e crecemento. O terceiro céntrase na organización e os recursos humanos dentro da empresa. A partir de aquà estudaranse as distintas áreas funcionais da empresa, comezando, no bloque cuarto, pola función produtiva e os custos da produción, e continuando, do bloque quinto ao sétimo, coa función comercial, económica e financeira da empresa. En total, 14 capÃtulos que son tratados, didáctica e pedagoxicamente, dun xeito similar:
En cada tema un esquema conceptual inicial pretende, a modo de instantánea, mostrar unha idea xeral do seu contido; con posterioridade ao desenvolvemento dos seus contidos especÃficos, faise unha sÃntese daqueles elementos que constitúen as ideas clave, como indicadores dos conceptos de maior peso e resumo do tratado nas páxinas anteriores. Finalmente propóñense unhas cuestións e exercicios de autoavaliacións que, utilizando as máis das veces un formato de preguntas concretas serven para repasar e practicar o estudado. O currÃculo establece a necesidade de realizar un Proxecto de Iniciativa Empresarial que globalice todo o estudado.
A realización deste proxecto pode facerse de diversos xeitos, aquà suxÃrense dúas formas: 1) Seguir a orde dos bloques temáticos, polo que, ao final de cada un deles, e relacionados cos contidos tratados nos distintos temas, se presentan unhas actividades a realizar orientadas a confeccionar un proxecto. 2) Seguir o apuntado no último bloque ou especÃfico do proxecto, en que os apartados pretenden dar contido ao que serÃa un Plano de empresa. Calquera das opcións pretende alcanzar o mesmo obxectivo: facer un plano de posta en marcha dun negocio. A elección dun ou outro dependerá do tempo ou a intensidade que se lle queira dedicar.