Dicionario Ortográfico da Lingua Galega

Dicionario Ortográfico da Lingua Galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497824200
Ano de edición:
Materia
DICIONARIOS, ENCICLOPEDIAS, ATLAS
ISBN:
978-84-9782-420-0
Páxinas:
544
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
164
Alto:
222
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
DICCIONARIOS

Desconto:

-5%

Antes:

34,50 €

Despois:

32,78 €
IVE incluído

O Dicionario Ortgráfico da Lingua Galega, preparado polo lexicógrafo Xosé Feixó Cid, ofrece por vez primeira nun único volume a presentación do vocabulario normativo galego e das normas ortográficas  e morfolóxicas da lingua galega. Así na primeira parte, dedicada ao vocabulario, preséntase con claridade as formas normativas con indicación gramatical, remisión de formas sinónimas e indicación de formas incorrectas de uso frecuente. Canto ás normas ortográficas e morfolóxicas, que constitúen a segunda parte do dicionario, optouse para achegalas ao público consultor dun xeito simplificado e claro, ordenado alfabeticamente para unha mellor localización da cuestión obxecto de consulta. Así, o plural, o feminino, a acentuación, o artigo... poden localizarse de xeito máis rápido que buscándoos dentro de epígrafes máis xenéricas ás que ás veces o consultor non sabe dirixirse. Ademais, en poucas páxinas, ofrécese extractado, pero de forma completa, un dicionario de verbos co que todos eles poderán ser conxugados con seguridade, sen necesidade de introducirse na complexa teoría xustificatoria. A maiores, a obra ofrece tamén cuestións non puramente ortográficas ou morfolóxicas, pero sen dúbida de grande interese e consulta, como poden ser a colocación dos pronomes átonos na frase ou o nomenclátor oficial da toponimia, ou o uso de distintos signos, entre eles os de puntuación, ou a determinación de casos dubidosos de xénero. O Dicionario Ortográfico da Lingua Galega convértese no consultor ortográfico de máis alta fiabilidade no momento actual, polo que se refire ao vocabulario da nosa lingua, e no de máis doada consulta das normas ortográficas e morfolóxicas que a rexen, sen que por iso se perda nesa parte a máis mínima rigorosidade, e, en conxunto, sumados ambos capítulos, no máis completo.

Outros libros do autor en Llibreria Etcètera

Materia en Llibreria Etcètera

Xerais en Llibreria Etcètera

  • Valentín Paz Andrade -5%
    Titulo del libro
    Valentín Paz Andrade
    Portela Yáñez, Charo
    Xerais
    Valentín Paz Andrade. Vida e obra pretende ofrecer un amplo percorrido  pola vida do autor homenaxeado no Día...
    No disponible

    12,00 €11,40 €

  • Vítor ponse a remollo -5%
    Titulo del libro
    Vítor ponse a remollo
    Alapont, Pasqual
    Xerais
    Nas vacacións, vou á casa dos meus avós. O meu avó é incríble. Dime que xa teño idade para muxir unha va...
    No disponible

    6,60 €6,27 €

  • Os eidos -5%
    Titulo del libro
    Os eidos
    Novoneyra, Uxio
    Xerais
    Uxío Novoneyra (Parada do Courel, 1930) publicou a primeira parte de Os Eidos en 1955, e, dende o primeiro mom...
    No disponible

    10,15 €9,64 €

  • O camiño de abaixo -5%
    Titulo del libro
    O camiño de abaixo
    Casal, Xohán
    Xerais
    Xohán Casal (A Coruna, 1935-1960) foi, xunto aos seus amigos Raimundo Patiño e Antón Avilés de Taramancos, ...
    No disponible

    18,95 €18,00 €

  • Boas noites + DVD (Guía interactiva) -5%
    Titulo del libro
    Boas noites + DVD (Guía interactiva)
    Carballeira, Paula
    Xerais
    Xiana, a protagonista de "Boas noites", non ten tempo nin para pensar,  moito menos para xogar ou para soñar. ...
    No disponible

    22,50 €21,38 €