BERGAN

BERGAN

Nº:
36
Editorial:
Baia
EAN:
9788499953120
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9995-312-0
Páxinas:
228
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

Desconto:

-5%

Antes:

13,50 €

Despois:

12,83 €
IVE incluído
Notificar dispoñibilidade

Bergan é unha obra debedora d´A cidade branca, pero a súa historia actual, como o mundo debuxado no pensamento da Grecia clásica, está cambiada, transformada e semella en permanente movemento, quizais lineal, circular ou elíptico, pois todo cabe nel.
 
 O xénero fantástico empregado achégaa a obras recoñecidas na literatura universal e que a todas e todos non poden vir ao pensamento  sen mencionar ningunha. Con todo, a súa apropiación da mitoloxía do noso país sitúao nunhas terras que nos son próximas, e contribúe tamén, non sabemos se intencionadamente, a evocar autorías que xogaron  coa realidade e a fantasía ás que parece render homenaxe.
 
 O xogo literario, desde logo sorprendente, coa ?presenza? de tres narradores para facernos comprensíbel a procura de Bergan, ademais de sumar visións que son recollidas, en realidade, por un narrador omnipresente, tamén nos propón a idea de que ?todo é segundo os ollos cos que se mira?, de aí, quizais, as súas múltiples lecturas e interpretacións.
 
 ***
 
 Dóniga é unha civilización perdida. Ou case. Desterrados dun tempo remoto, aínda quedan homes e mulleres que gardan celosamente o recordo  do seu tempo de esplendor, antes de que Ténebro ensombrecera o mundo.  Nacido xa en tempos e terras de penumbra, Bergan iniciará unha viaxe na busca da memoria secreta dos dónigos. Viaxe no espazo pero tamén no  tempo, o tempo mítico no que brillou por última vez, antes da súa postrema apoteose e ocaso, a Cidade da Estrela. Un tempo perdido no que, xunto aos homes e as mulleres, habitou, tamén, a Serpe. Nos límites da Natureza e a Cidade, do Tempo e da Morte, a viaxe de Bergan  é, ao cabo, a busca dun mito que todos e todas secretamente botamos de menos entre a ironía e o desengano: o mito do que, talvez, puidemos  ter sido.

Outros libros do autor en Llibreria Etcètera

Materia en Llibreria Etcètera

Baia en Llibreria Etcètera

  • AVES -5%
    Titulo del libro
    AVES
    Davies, Nicola
    Baia
    Entra de cheo no mundo da ciencia grazas a esta fantástica colección de libros.    Fotogr...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,65 €10,12 €

  • A horta sen Químicos -5%
    Titulo del libro
    A horta sen Químicos
    Nº 26
    Pouliquen, Xan
    Baia
    Este é un documento de consulta, desde un enfoque adaptado ás características do clima e do solo galegos, pa...
    No disponible

    21,85 €20,76 €

  • Valentino Rufini e Àkil Pillabán, de viaxe a Milán -5%
    Titulo del libro
    Valentino Rufini e Àkil Pillabán, de viaxe a Milán
    Salgueiro, Roberto
    Baia
    Esta comedieta farsesca dirixida ao público infantil, como a define o seu autor, transcorre en Venecia (Italia...
    No disponible

    9,80 €9,31 €

  • Cova dos mouros -5%
    Titulo del libro
    Cova dos mouros
    Nº 5
    Barreiro Liz
    Baia
    Cando un neno atopa un camiño que leva a un mundo onde as leis da natureza non son as que coñecemos, calquera...
    No disponible

    10,40 €9,88 €

  • Ao parque con Antón -5%
    Titulo del libro
    Ao parque con Antón
    AA.VV
    Baia
    Esta colección de libros "Primeiras palabras" están pensados para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Preséntannos ...
    No disponible

    6,95 €6,60 €