Autovías galegas. Crónica dunha farsa

Autovías galegas. Crónica dunha farsa

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023860
ISBN:
978-84-8302-386-0
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

Desconto:

-5%

Antes:

15,80 €

Despois:

15,01 €
IVE incluído

A batalla política polas autovías comezou no ano 1986 cando o Congreso  aprobou o Plan Xeral de Estradas 1984-1991, prevendo a construcción dunha rede de vías rápidas que comunicaría a tódolos territorios do Estado, excepto Galicia. Na exposición de motivos do Plan xustificábase a non inclusión na rede de autovías dos territorios , as  cordais e serras peninsulares e "Galicia en xeral". Manuel Monge, diante deste feito, que contemplaba a construcción de 3.250 km de autovías en todo o Estado e só 30 km en Galicia, decidiu escribir esta  crónica dun longo proceso de reivindicación colectiva e social de infraestructuras de comunicación para unir Galicia con Europa.Desde aquela, a sociedade galega asistiu ao anuncio de sucesivos aprazamentos na execución das obras das autovías galegas que malograron as expectativas da súa rápida finalización.Moitos cidadáns reaccionaron criticamente ante a excesiva pasividade da Administración  Galega e o Goberno Central, máis aínda cando se cualificou como unha "excelente noticia" o remate das autovías para o ano 2001, despois de terse asinado un convenio entre o MOPU e a COTOP que fixaba a súa finalización en 1995.Manuel Monge reconstrúe neste documentado libro todo o debate político sobre a construcción das autovías, faise eco da  frustración da opinión pública causada polos reiterados atrasos e autoxustificacións das Administracións, e ofrécelles ós lectores as claves para entender a construcción das autovías galegas como a crónica dunha farsa pero tamén como un compromiso cidadán irrenunciable e inaprazable por máis tempo. O libro, que recolle abundante información gráfica e documental, finaliza analizando as contribucións da Unión Europea ao financiamento das autovías (con especial atención á distribución dos Fondos Estructurais e de Cohesión  que recibe Galicia da Unión Europea), e as perspectivas do desenvolvemento do tren de alta velocidade que mellore as comunicacións de Galicia, co resto do estado, con Portugal e con Europa.

Outros libros do autor en Llibreria Etcètera

Xerais en Llibreria Etcètera

  • Un ano no Courel -5%
    Titulo del libro
    Un ano no Courel
    de Vivero, Xurxo
    Xerais
    Logo do éxito de Un ano nos Ancares, Xurxo de Vivero retorna, con Un ano no Courel , a liña iniciada naquel l...
    No disponible

    3,00 €2,85 €

  • ÁMOTE LEO A. TERMINAL DE...CHEGADAS? -5%
    Titulo del libro
    ÁMOTE LEO A. TERMINAL DE...CHEGADAS?
    ANEIROS, ROSA
    Xerais
    «Mamá, volvo á casa. Xa.» Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,50 €14,73 €

  • FLOCOS DE MILLO 4 ANOS. METODO COMPLETO -5%
    Titulo del libro
    FLOCOS DE MILLO 4 ANOS. METODO COMPLETO
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    133,85 €127,16 €

  • A rebelión dos coellos máxicos -5%
    Titulo del libro
    A rebelión dos coellos máxicos
    Dorfman, Ariel
    Xerais
    Cando os lobos se apoderaron do país dos coellos, o primeiro que fixo o xefe da manda foi proclamarse rei. O s...
    No disponible

    7,95 €7,55 €

  • Cantares gallegos -5%
    Titulo del libro
    Cantares gallegos
    Nº 18
    Castro, Rosalía
    Xerais
    Rosalía de Castro contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sist...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    23,95 €22,75 €