ÁTLAS ARQUEOLÓXICO DA PAISAXE GALEGA

ÁTLAS ARQUEOLÓXICO DA PAISAXE GALEGA

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491210481
Ano de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9121-048-1
Páxinas:
336
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA

Desconto:

-5%

Antes:

46,95 €

Despois:

44,60 €
IVE incluído
Comprar

A paisaxe é un produto das formas de ser, de estar, de pensar e de actuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado das nosas formas de ser, estar, pensar e actuar, mais tamén das daqueles que nos precederon no tempo. Moitas das cousas que consideramos máis características da paisaxe de Galicia son o produto ou o efecto da acción humana, e non só diso que chamamos a Natureza.
 Este libro é unha especie de atlas arqueolóxico das paisaxes culturais  de Galicia, e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendido no sentido convencional de conxunto de mapas; o que fai é describir as  diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunha boa parte da historia do que hoxe é Galicia, dende a prehistoria até a  época medieval.
 O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para, logo, ir na procura dos seus elementos típicos, xa presentes -ou ausentes- nas paisaxes que o precederon e o foron conformando. Porén, as paisaxes arqueolóxicas son algo que non existe; os seus restos, ou ben  se incorporaron en gran medida a formas posteriores de paisaxe, ou ben subxacen relictos e esquecidos baixo estas. Por iso precisamente as chamamos arqueolóxicas.
 A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno, un concepto que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada pola dominación humana dos sistemas da Terra, unha etapa en que a acción sociocultural modifica activamente o mundo e substitúe un medio natural por un medio cultural cada vez máis artificial.
 Autoras e autores dos textos: Roberto Aboal, Xurxo Ayán Vila, David Barreiro, Paula Ballesteros-Arias, Manuela Costa-Casais, Pastor Fábrega-Álvarez, João Fonte, Camila Gianotti, A. César González-García, Alejandro Güimil Fariña, Elena Lima Olivera, Raquel López Noia, Patricia Mañana-Borrazás, Antonio Martínez-Cortizas, Matilde Millán e Manuel Santos-Estévez

Materia en Llibreria Etcètera

Xerais en Llibreria Etcètera

  • Vidas senlleiras -5%
    Titulo del libro
    Vidas senlleiras
    Cabana, Darío Xohán
    Xerais
    A parroquia de Rozas déitase ás beiras do río Anllo no verdadeiro corazón da terra Cha, onde os carballos s...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,50 €19,48 €

  • Lóstregos -5%
    Titulo del libro
    Lóstregos
    Neira Vilas, Xosé
    Xerais
    Aparecen neste libro de Xosé Neira Vilas cen textos, outros tantos lostregueos escintilando no espazo e no tem...
    No disponible

    19,95 €18,95 €

  • Amor de tango -5%
    Titulo del libro
    Amor de tango
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    En Amor de tango María Xosé Queizán constrúe unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represi...
    No disponible

    19,50 €18,53 €

  • A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA -5%
    Titulo del libro
    A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA
    Nº 270
    Álvarez Taboada, Carlos
    Xerais
    Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €13,25 €

  • (03).CADERNO LINGUA 2º.ESO -9%
    Titulo del libro
    (03).CADERNO LINGUA 2º.ESO
    Orizales Orizales, Emiliano
    Xerais
    No disponible

    9,05 €8,24 €