Así canta Galicia

Así canta Galicia. A Galicia polifónica en dous cambios de século

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025437
ISBN:
978-84-8302-543-7
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

Desconto:

-5%

Antes:

29,00 €

Despois:

27,55 €
IVE incluído

As máis de 200 agrupacións corais existentes en Galicia, que agrupan hoxe en día a máis de sete mil persoas, traballadores anónimos e constantes que non regatean esforzos e repiten unha e outra vez nos ensaios ata acadaren o nivel axeitado, son importantes transmisores dun patrimonio cultural musical, insuficientemente valorado e pouco coñecido. Velaí a razón de ser de Así canta Galicia, homenaxear a cada  unha destas agrupacións polifónicas, distribuídas por todo o país, tamén pequenas lumieiras no firmamento cultural de Galicia. Así canta Galicia é o primeiro libro que profundiza na historia e na situación actual das corais, converténdose nunha pequena enciclopedia de consulta obrigada sobre as corais, os orfeóns e os directores das diversas agrupacións existentes en Galicia. Preparado por Nicolás Camino -veterano profesional da Radio Galega, primeira voz en saír ao aire nos micrófonos da emisora autonómica, director dos programas musicais "Asi canta Galicia" e "Concerto popular", e sempre vencellado  ao mundo musical-, o libro complétase cun documentadísimo prólogo do académico Xesus Ferro Ruibal e cun CD que inclúe 19 pezas interpretadas por outras tantas agrupacións. Un documento sonoro, elaborado en boa medida gracias ao arquivo sonoro da Radio Galega, que  constitúe unha magnífica antoloxía da Galicia polifónica en dous cambios de século. Unha obra de referencia para as agrupacións corais e para tódolos afeccionados á música popular.

Xerais en Llibreria Etcètera

  • Volverás, golfiño -5%
    Titulo del libro
    Volverás, golfiño
    Nº 239
    Maceiras Lafuente, Andrea
    Xerais
    A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán é...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €13,25 €

  • O bandido Casanova -5%
    Titulo del libro
    O bandido Casanova
    Puentes, Hixinio
    Xerais
    Nesta primeira e sorprendente obra de Hixinio Puentes reconstrúese de forma novelada a historia de Mamede Casa...
    No disponible

    19,50 €18,53 €

  • PROXECTO INTERÈSAME! VALENTES 5 ANOS 2019 -5%
    Titulo del libro
    PROXECTO INTERÈSAME! VALENTES 5 ANOS 2019
    AA.VV
    Xerais
    Non hai nada máis normal que ser diferente. As persoas valentes non sempre fan ruído, pero son multitude, e c...
    No disponible

    21,00 €19,95 €

  • Contornos -5%
    Titulo del libro
    Contornos
    Queipo, Xavier
    Xerais
    No disponible

    6,45 €6,13 €

  • A represión lingüística en Galiza no século XX -5%
    Titulo del libro
    A represión lingüística en Galiza no século XX
    Freitas Juvino, María Pilar
    Xerais
    Nun momento en que desde algúns sectores minoritarios da sociedade se pide a derrogación da Lei de Normalizac...
    No disponible

    43,95 €41,75 €