As últimas galerías

As últimas galerías

Nº:
337
Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498656190
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9865-619-0
Páxinas:
404
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Desconto:

-5%

Antes:

18,50 €

Despois:

17,58 €
IVE incluído
Notificar dispoñibilidade

Despois de variadas incursións na literatura infantil e logo de publicar dous libros memorialísticos, o autor de Vento de sal dá ao prelo esta novela de evocación coa que pescuda nos enigmas do pasado que, como borranchos que van perdendo senso coa distancia, precisan volver a ser decodificados e rescatados desa liña de sombra na que aparentemente parece acabar por ensumirse toda existencia.
 Algunhas das mellores páxinas do Cáccamo prosista atópanse neste relato de ausencias recuperadas e presenzas que se perden nas galerías  últimas da vida. A capacidade descritiva, que no poeta é intuición para os símbolos, no narrador transfórmase en potencia para dramatizar  as situacións, para illar e extraer delas os elos da cadea argumental, a sintaxe narrativa dos momentos e das vivencias ancoradas  nun pasado que a memoria da anciá protagonista case non logra reter.
 O narrador, que simultaneamente é personaxe, debrúzase nas situacións,  pois para Cáccamo, coma para Jean-Paul Sartre, a novela é un teatro de situacións. O relato elabórase a partir dunha indeterminación radical da situación, xa que tanto en Sartre coma en Alvarez Cáccamo, os feitos son irredutibles mais non determinan a existencia. O paradoxo da liberdade, como escribe Sartre, é que "só hai liberdade nunha situación e só hai situación pola liberdade"; a situación caracterízase pola súa continxencia e pola súa ambigüidade. Ao depender da liberdade, a inserción do significado na existencia fai que esta deixe de ser un longo río tranquilo, pois a través do senso a  liberdade quere fixar unha relación co mundo que ha de ser necesariamente indeterminada para dar lugar ao porvir e para producir o mundo. Na novela de Alvarez Cáccamo, esa acción libre sobre o porvir  reconstrúese cara ao pasado, o significado é a verdade que se lles quere escapar entre os dedos aos personaxes e, se cadra, se a novela é  efectiva, tamén se lle ha escapar a quen le. Pois cómpre "conducira [...] vida por onde a levan as horas, sen proxecto, sen peso, sen medo".

Outros libros do autor en Llibreria Etcètera

  • Magritte x 3 -5%
    Titulo del libro
    Magritte x 3
    Alvarez Cáccamo, Xosé María / Sampedro, Francisco / González-Alegre, Alberto
    Laiovento, s.l.
    No disponible

    8,20 €7,79 €

  • O segredo do pan - obradoiro -5%
    Titulo del libro
    O segredo do pan - obradoiro
    Alvarez Caccamo, Xose Maria;Lopez Dominguez, Juan Carlos
    Obradoiro
    No disponible

    8,50 €8,08 €

  • Praia das furnas -5%
    Titulo del libro
    Praia das furnas
    Alvarez Cáccamo, Xosé María
    Xerais
    No disponible

    5,41 €5,14 €

  • Dinosaurio Belisario -5%
    Titulo del libro
    Dinosaurio Belisario
    Alvarez Cáccamo, Xosé María
    Kalandraka
    No disponible

    11,50 €10,93 €

  • Escolma de familia -5%
    Titulo del libro
    Escolma de familia
    Álvarez Giménez, Emilio;Álvarez Limeses, Xerardo;Álvarez Blázquez, Xosé María;Álvarez Blázquez, Emilio;Álvarez Cáccamo, Xosé María;Álvarez Cáccamo, Al
    Xerais
    No disponible

    14,60 €13,87 €

Materia en Llibreria Etcètera

Galaxia en Llibreria Etcètera

  • Os tímpanos de Compostela -5%
    Titulo del libro
    Os tímpanos de Compostela
    Yzquierdo Peiró, Ramón
    Galaxia
    Os tímpanos de Compostela é unha recompilación destas obras escultóricas, de grande interese -e a partir da...
    No disponible

    20,90 €19,86 €

  • Unha viaxe no Ford T -5%
    Titulo del libro
    Unha viaxe no Ford T
    AgraFoxo, Xerardo
    Galaxia
    Unha viaxe no Ford T ten unha prosa de ritmo áxil e accións desencadeadas coa que logra manter o interese do ...
    No disponible

    17,00 €16,15 €

  • OUTEIRO DO AMIEIRO, O -5%
    Titulo del libro
    OUTEIRO DO AMIEIRO, O
    Nº 148
    Lertxundi, Anjel
    Galaxia
    O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,10 €14,35 €

  • Un home impuntual -5%
    Titulo del libro
    Un home impuntual
    Álvarez Cáccamo, Xosé María
    Galaxia
    Un home impuntual é un fermoso álbum protagonizado por un home absolutamente impuntual a quen lle gustaría d...
    No disponible

    13,25 €12,59 €

  • Ola, estúpido monstro peludo! -5%
    Titulo del libro
    Ola, estúpido monstro peludo!
    Casalderrey, Fina
    Galaxia
    Se se empeñase en comer cangrexos en salsa de chocolate branco e, pola  mínima, comezase a expulsar sapos rep...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,40 €11,78 €