As de bolboreta

As de bolboreta

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499140285
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9914-028-5
lingua:
GALEGO
Ancho:
210
Alto:
130
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
FORA DE XOGO

Desconto:

-5%

Antes:

13,00 €

Despois:

12,35 €
IVE incluído

Na "Luzada", a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d' As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola  indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar  o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que  agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño...O xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2009, que outorgou por unanimidade o galardón a esta novela de Rosa Aneiros, sinalou que "As de bolboreta presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada en  breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as  vidas dos personaxes da novela"; salientando, ademais, que "mediante a conexión do cotián con outras historias que poden semellar máis afastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada polo acertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintos personaxes que conforman a novela". Para concluír que "As de bolboreta  é un relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista."

Outros libros do autor en Llibreria Etcètera

Materia en Llibreria Etcètera

Xerais en Llibreria Etcètera

  • (G).(07).PAPAPAPU 3 ANOS (COMPLETO)*GALEGO* -5%
    Titulo del libro
    (G).(07).PAPAPAPU 3 ANOS (COMPLETO)*GALEGO*
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    99,00 €94,05 €

  • (G).(03).9.INICIACION AS MATEMATICAS.(TRASNOS MAXICOS) -5%
    Titulo del libro
    (G).(03).9.INICIACION AS MATEMATICAS.(TRASNOS MAXICOS)
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    4,45 €4,23 €

  • Menino morreu -5%
    Titulo del libro
    Menino morreu
    García Mañá, Luís Manuel
    Xerais
    O enxeñeiro de minas Arthur Bettón e o seu axudante, desprazados en 1958 ao Couto Mixto na procura dunha supo...
    No disponible

    16,65 €15,82 €

  • Unha formiga orixinal -5%
    Titulo del libro
    Unha formiga orixinal
    Landa Etxebeste, Mariasun
    Xerais
    Unha formiga fai a cirurxía estética e cambia moitas cousas dela. Pero  o resultado non lles gusta a todos.&n...
    No disponible

    6,80 €6,46 €

  • Aquel lugar -5%
    Titulo del libro
    Aquel lugar
    Nara, Antía
    Xerais
    En Aquel lugar, unha muller emprende unha viaxe a Lahore, Paquistán, unha cidade de encontro convertida agora ...
    No disponible

    14,15 €13,44 €