Desconto:
-5%Antes:
Despois:
22,14 €En colaboración coa Fundación Caixa Galicia, Galaxia publica na colección Clásicos Universais a AntoloxÃa do Doce Estilo Novo, en edición e tradución do poeta e escritor DarÃo Xohán Cabana. Setecentos anos despois, aquela poesÃa que revolucionou o gusto literario de toda unha época conserva a súa viveza e segue a revelar un labor literario obsesionado coa exactitude expresiva e que mostra a sensibilidade duns poetas que eran conscientes de estar construÃndo un pensamento poético novo. Dante Alighieri foi quen bautizou e caracterizou por primeira vez esta escola poética, da cal é considerado o principal expoñente. Agora, os lectores e lectoras poden apreciar a mestrÃa do poetizar dunha escola que habÃa deixar fonda pegada na evolución da linguaxe poética. A coidada tradución de DarÃo Xohán Cabana publÃcase, en edición bilingüe, acompañada do texto orixinal italiano. Esta nova concepción poética, que xurdiu nas cidades italianas de Florencia e Boloña no derradeiro terzo do século XIII, é unha maneira diferente de entender a vida sentimental, unha sensibilidade nova expresada a través da poesÃa. O iniciador desta nova maneira de poetizar serÃa Guido Guinizelli, e logo virÃa o grande Cavalcanti. Ao carón e á sombra destas senlleiras figuras, a antoloxÃa inclúe, entre outros poetas, a Lapo Gianni, a Gianni Alani e a Dino Frescobaldi. Todos eles desenvolveron a súa obra cunha abraiante afinidade e uns logros que han sorprender ao lector ou lectora de hoxe.