Desconto:
-5%Antes:
Despois:
27,50 €Esta guÃa práctica da Ribeira Sacra descóbrelle ao visitante os encantos que esta bisbarra conservou ao longo dos séculos. O amplo territorio da Ribeira Sacra, situado no corazón de Galicia, está recollido aquà de forma exhaustiva. Os rÃos Miño e Sil son os protagonistas para o viaxeiro. No seu lento fluÃr discorren escoltados polos profundos e grandioso canóns que marcan a fisionomÃa desta terra. A tradición dos viñedos e os seus excelentes viños; os mosteiros e as igrexas, testemuñas do esplendor medieval; a potencia da súa natureza e as súas especies; a profundidade e fermosura das súas fragas de carballos e castiñeiros; os seus engaiolantes sendeiros; os seus pazos; as súas reitorais; e mesmo o seu acougo..., todo está recollido e documentado nesta guÃa práctica escrita por Manuel Garrido. Excursións, consellos, turismo rural, rutas, arte, historia, cultura, todo tipo de información práctica, mapas e fotografÃas abren esta guÃa ao visitante para mostrarlle unha das zonas máis fermosas do paÃs.