A rebelión municipal

A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475071848
Ano de edición:
ISBN:
978-84-7507-184-8
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
ENSAIO

Desconto:

-5%

Antes:

18,80 €

Despois:

17,86 €
IVE incluído

"A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia" é un libro que nace para a reflexión e o cambio. Amosando feitos e cifras reiterativas dificilmente cuestionables. Expoñendo conductas e políticas nas que afloran valores e xeitos de facer colectivos. Espindo outra vez ó municipalismo galego e os trazos básicos que o caracterizan: orzamentos raquíticos, dependencias estructurais, clientelismos múltiples, urbanismo feble ou inexistente, xestión manifestamente mellorable, escaso investimento en capital humano, competencias diminuídas, reducida dimensión política. Por iso este libro de Xoaquín Alvarez Corbacho, conselleiro (Area de Corporacións Locais) do Consello de Contas de Galicia, defende unha tese rotunda, clara, explícita que se pode resumir nos seguintes termos. A agonía do  municipalismo galego é o alto prezo a pagar polo desenvolvemento de estratexias múltiples que os gobernos autonómico e provincial levan a cabo para reproducirse no poder. Son estratexias fundamentadas en mecanismos de subordinación e de rendicións sen fin. Repartindo subvencións e axudas xenerosas con criterios ideolóxicos e incentivando a irresponsabilidade fiscal. En ambos casos redúcese a autonomía política e dánase profundamente a relación democrática. O municipio atrofia así a súa xenuína dimensión político-institucional e  convértese en instrumento electoral ou partidario. A presencia de redes clientelares espalladas ou consolidadas ten na súa institución municipal o derradeiro elo que garante a súa eficacia e funcionalidade.Esta obra é unha guía imprescindible para coñecer os novos vieiros que debe percorrer o novo municipalismo galego. A reforma das facendas locais, os cambio no seu tipo de financiamento e solvencia financieira e no ámbito urbanístico, o desenvolvemento do pacto local son, entre outros, os aspectos que se abordan con claridade e rigor neste libro, especialmente dirixido a todas aquelas persoas vencelladas co municipalismo.

Xerais en Llibreria Etcètera

  • A festa de aniversario -5%
    Titulo del libro
    A festa de aniversario
    Girbés Aparisi, Joan Carles
    Xerais
    Magníficos volumes en cartoné destinados a pequenos e pequenas de dous  anos en diante. Con A festa de aniver...
    No disponible

    7,20 €6,84 €

  • Kalendas -5%
    Titulo del libro
    Kalendas
    García, Xosé Lois
    Xerais
    "Kalendas" de Xosé Lois García é un único e enorme poema que narra a existencia do seu creador dende o 26 d...
    No disponible

    23,60 €22,42 €

  • No corazón do bosque -5%
    Titulo del libro
    No corazón do bosque
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de  excursión en autobús aos bosques do ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,50 €9,98 €

  • O COMBATE DOS XEFES -5%
    Titulo del libro
    O COMBATE DOS XEFES
    Nº 7
    Goscinnny, René
    Xerais
    Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada po...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €13,25 €

  • Fábulas contadas -5%
    Titulo del libro
    Fábulas contadas
    Navaza, Gonzalo
    Xerais
    As fábulas son pequenos relatos de intención moralizante onde personaxes animais encarnan condutas e caracter...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,95 €11,35 €