A praia dos afogados

A praia dos afogados

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651805
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9865-180-5
Páxinas:
512
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Desconto:

-5%

Antes:

20,95 €

Despois:

19,90 €
IVE incluído

A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre  homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso  difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos. Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.
 Despois do éxito de Ollos de auga, con máis de 10.000 exemplares vendidos, Domingo Villar preséntanos A praia dos afogados, unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.

Outros libros do autor en Llibreria Etcètera

  • La playa de los ahogados -5%
    Titulo del libro
    La playa de los ahogados
    Villar [Vázquez], Domingo
    Siruela
    «La playa de los ahogados es honda y humana... ¡Perdonen que no evite empujar hacia su lectura!»  ...
    No disponible

    19,90 €18,91 €

Materia en Llibreria Etcètera

Galaxia en Llibreria Etcètera

  • TES CINCO MINUTOS #1 -5%
    Titulo del libro
    TES CINCO MINUTOS #1
    Varios
    Galaxia
    Ao longo das sesións da Escola de Letras, que botamos a andar a  Deputación de Pontevedra e a Editorial Galax...
    No disponible

    15,50 €14,73 €

  • Manuel de Castro, Handicap. Crónica dunha paixón -5%
    Titulo del libro
    Manuel de Castro, Handicap. Crónica dunha paixón
    Nº 1
    Estévez Iglesias, Adrián
    Galaxia
    Xornalista, árbitro de fútbol, seleccionador nacional e galego e dirixente federativo serviría para definir ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,80 €14,06 €

  • O pensamento político de Ramón Piñeiro -5%
    Titulo del libro
    O pensamento político de Ramón Piñeiro
    Nº 124
    Rodríguez Álvarez, Serxio María
    Galaxia
    Ramón Piñeiro, protagonista indiscutible da nosa batalla cultural pola  definición do paradigma nacional, tr...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,85 €16,01 €

  • A desaparición de Evelyn -5%
    Titulo del libro
    A desaparición de Evelyn
    Trigo, Xulio Ricardo
    Galaxia
    Guillem, xornalista e escritor, viaxa a Santiago de Compostela a entrevistar ao derradeiro membro vivo da Xerac...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,00 €14,25 €

  • A conxura do sete -5%
    Titulo del libro
    A conxura do sete
    Nº 466
    Fernández, Miguel Anxo
    Galaxia
    O detective Frank Soutelo, acompañado do estricado funerario Sugar Jones, regresa a Galicia a petición da inv...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    22,10 €21,00 €