Tecnoloxías das comunicacións

Tecnoloxías das comunicacións. Unha visión desde Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028384
Año de edición:
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-8302-838-4
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ENSAIO

Descuento:

-5%

Antes:

16,65 €

Despues:

15,82 €
IVA incluido

Neste volume ofrécese unha visión panorámica das tecnoloxías, servicios e redes que fan posible o asentamento da Sociedade da Información, enmarcada nunha percepción positiva, sen renunciar ó san escepticismo, do impacto destas tecnoloxías na sociedade, e da súa incidencia no futuro de Galicia. Non hai reto máis importante para un país a día de hoxe que incorporarse con plenitude a esta nova sociedade que as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) están transformando acelerada e imparablemente.Domingo Docampo, rector  da Universidade de Vigo é Catedrático de Teoría do Sinal e Comunicacións na ETS de Enxeñeiros de Telecomunicacións, analiza o proceso de maduración das tecnoloxías da información e as comunicacións e o seu impacto sobre a sociedade Galega. Unha análise rigorosa e divulgativa na que se abordan aspectos como o desenvolvemento da rede Internet, o valor social da información e a identificación da infofauna, o mundo da fibra óptica, as tecnoloxías para as comunicacións móbiles, os accesos vía satélite, as tecnoloxías  da fala, as políticas de desregulación das telecomunicacións, o comercio electrónico, as características dos servicios (telefonía fixa, servicios móbiles e interactivos), o estado das redes institucionais e privadas en Galicia... O volume remata cunha reflexión sobre as posibilidades de Galicia na carreira dixital e na sociedade do coñecemento, formulando unha serie de propostas concre-tas dirixidas a estreitar a fenda dixital como reto de Galicia cara ao futuro.Para o profesor Docampo Galicia xógase moito na carreira dixital xa que nos vindeiros anos haberá que tomar importantes decisións nos ámbitos públicos e privados que contribúan a  acelerar a incorporación plena de Galicia da Sociedade da Información. Tecnoloxías das comunicacións quere animar o debate actual sobre o impacto das TIC para lograr o maior grao de participación posible no deseño de estratexias que axuden a conformar o futuro da nosa socie-dade.

Materia en Llibreria Etcètera

Xerais en Llibreria Etcètera

  • O segredo de Cibrán e outros contos -5%
    Titulo del libro
    O segredo de Cibrán e outros contos
    Perozo, José Antonio
    Xerais
    No disponible

    7,00 €6,65 €

  • A Ribeira Sacra -5%
    Titulo del libro
    A Ribeira Sacra
    Garrido, Manuel
    Xerais
    Esta guía práctica de A Ribeira Sacra da a conocer al visitante los encantos que esta comarca ha ido guardand...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    28,95 €27,50 €

  • Unha manchea de bicos -5%
    Titulo del libro
    Unha manchea de bicos
    Rodenas Camarasa, Maria Antonia
    Xerais
    Kati ten unha caixiña chea de bicos doces e un gran sorriso. Cando vai  para o colexio, sempre leva algún na ...
    No disponible

    8,70 €8,27 €

  • 1936. Os primeiros días -5%
    Titulo del libro
    1936. Os primeiros días
    Wouters, Marc
    Xerais
    Tense dito infinidade de veces que en Galicia non existe a memoria republicana. Que non queda xente de esquerda...
    No disponible

    15,20 €14,44 €

  • A Casa Grande -5%
    Titulo del libro
    A Casa Grande
    Sendón, Olaia
    Xerais
    A nai morreu, e na Casa Grande só fican as pantasmas axexando tras as fendas. Os tres irmáns (Estela, Marcos ...
    ¡Próximo lanzamiento! Disponible a partir de 13-11-2025

    17,95 €17,05 €