Peregrinos

Peregrinos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023730
ISBN:
978-84-8302-373-0
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIAS SINGULARES

Descuento:

-5%

Antes:

10,00 €

Despues:

9,50 €
IVA incluido

Unha muller leva as mans á cara, coma se a dor das bochas dos pés lle tronzase a alma. Outra intenta avanzar en contra dunha intensa nevada.  Un grupo de músicos peregrinos tocan improvisadamente nunha voda que atopan no camiño. Así é Peregrinos, de Manuel G. Vicente, un cálido, tenro, vivo e fermoso libro de fotografías sobre os peregrinos e sobre  os habitantes do camiño.Peregrinos é o froito de dez longos anos de traballo dun fotógrafo que retrata o camiño desde dentro porque durante todo ese tempo viviu no seu propio ventre, como camiñante que é, e como membro fundador da Asociación de Amigos do Camiño do Santiago. Son daquela, todas elas, fotografías sentidas, vitais, intensamente verdadeiras, realizadas ó longo do camiño entre 1989 e 1999. Por iso, Manuel G. Vicente nos ofrece este magnífico traballo fotográfico, esta selección, francamente conmovedora, de todo o que a súa cámara, xenialmente manexada, captou a través de tantas olladas, de tanta convivencia, e con tanta tenrura e mestría sobre todas esas persoas que un día (desde que o camiño aínda non estaba de moda ata hoxe) decidiron calzar as botas e lanzarse á aventura compostelá. En Peregrinos está a paisaxe, a natureza omnipresente do itinerario, pero, sobre todo, están os sentimentos humanos reflectidos en todos e cada un dos rostros retratados: a dor, o sufrimento, a solidariedade, a alegría, o abatemento, a ilusión, a dureza, a xenerosidade, a entrega, a amizade. Valores todos eles que fan deste libro un retrato vivo e universal da alma das persoas. En tanto, desde o prólogo, José Antonio de la Riera, outro excelente coñecedor do Camiño de Santiago e  tamén membro fundador da Asociación de Amigos escribe a letra emerxendo desde palabras divertidas, irónicas, reinterpretativas e ben  cimentadas nun texto que ubica ó lector no punto exacto en que o camiño de Santiago se sitúa hoxe.

Otros libros del autor en Llibreria Etcètera

  • QUIMICA 2º.LOGSE.BACHILLERATO -5%
    Titulo del libro
    QUIMICA 2º.LOGSE.BACHILLERATO
    Morcillo Rubio, Jesús;Fernandez Gonzalez, Manuel;Carrión Perez, Vicente
    Anaya
    No disponible

    33,70 €32,02 €

  • A casa da duna -5%
    Titulo del libro
    A casa da duna
    Alonso, Fran;González Vicente, Manuel
    Xerais
    A casa da duna é un libro que nace dunha intensa comuñón entre texto e  fotografía ao longo dun proceso de ...
    No disponible

    15,25 €14,49 €

  • HISTORIA ESPAÑA 2º.BACH.(GALICIA) -5%
    Titulo del libro
    HISTORIA ESPAÑA 2º.BACH.(GALICIA)
    Ramirez Aledon, German;Fernández Ros, José Manuel;González Salcedo, Jesús;Leon Navarro, Vicente
    Santillana
    No disponible

    41,50 €39,43 €

  • PROBLEMAS DE CALOR Y FRÍO INDUSTRIAL -5%
    Titulo del libro
    PROBLEMAS DE CALOR Y FRÍO INDUSTRIAL
    MUÑOZ ANTÓN, JAVIER / DE VICENTE SÁNCHEZ, PABLO / GONZÁLEZ GARCÍA, JUAN MANUEL / ABÁNADES VELASCO, A
    Dextra editorial
    No disponible

    24,44 €23,22 €

Xerais en Llibreria Etcètera

  • Lois Pereiro. Náufrago do paraíso. -5%
    Titulo del libro
    Lois Pereiro. Náufrago do paraíso.
    Calveiro, Marcos
    Xerais
    Coma se do falso guión dun filme imaxinario se tratase, esta biografía  amosa algunha das escenas de vida do ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €14,16 €

  • Dicionario Xurídico Galego -5%
    Titulo del libro
    Dicionario Xurídico Galego
     
    Xerais
    O Dicionario Xurídico Galego recolle unha primeira e fundamental escolma de entradas (arredor de 2.000) nas qu...
    No disponible

    65,95 €62,65 €

  • A lagoa das nenas mudas -5%
    Titulo del libro
    A lagoa das nenas mudas
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día chega ao seu novo colexio e decáta...
    No disponible

    10,50 €9,98 €

  • Elexías a Deus e ao Diaño -5%
    Titulo del libro
    Elexías a Deus e ao Diaño
    Solleiro, Samuel
    Xerais
    Conxunto de trece relatos de Samuel Solleiro (Tui, 1982), autor que ata o de agora só tiña publicado en revis...
    No disponible

    7,10 €6,75 €

  • Estudo sobre o voo dos corzos -5%
    Titulo del libro
    Estudo sobre o voo dos corzos
    Caldeiro, Mónica
    Xerais
    «Estudo sobre o voo dos corzos» é unha disección da beleza vulnerábel,  unha análise poética da violenci...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €12,30 €