María das Batallas

María das Batallas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788471541147
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-7154-114-7
Páginas:
306
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Descuento:

-5%

Antes:

22,00 €

Despues:

20,90 €
IVA incluido
Avisar disponibilidad

María das Batallas conta a historia de María Pita e da defensa da cidade da Coruña fronte ao ataque das tropas de sir Francis Drake.Cunha prosa directa e ricaz, e a través da voz dos personaxes que viviron aquel tempo, Alfredo Conde traza nesta novela o puzzle brutal dos destinos que se cruzaron no cerco da Coruña.O autor de Xa vai o griffón no vento volve compartir con lectores e lectoras unha aventura inesquecible.Titulares de prensaMARIA DAS BATALLASA Coruña como esceario e María Pita como protagonista. Con tales ingredentes o resultado era previsible: Alfredo Conde ofrécenos unha das súas mellores novelas. Un narrador consagrado que en palabras de Víctor Freixanes, "segue a medrar". María Pita é un personaxe simbólico, cunha gran potencialidade en si mesma, sen embargo Conde non segue a dimensión romántica máis celebrada e, por tanto, esperable. Desce a detalles máis pragmáticos: refire os numerosísimos pleitos que sostivo  ao longo da súa vida e os intereses non sempre heroicos que a animaban, como a pretensión de ser alférez ou a de lograr de El Rei a franquicia para comerciar co vinho de Porto, cousas que non lle foron concedidas. Aínda que a figura da heroína concentre o nó da novela, Alfredo Conde non se limita a María Pita e ao seu contorno senón recupera o tempo e a época histórica con toda a complexidade de acontecementos, intrigas e situacións, con relevancia especial da Pescadería, onde se desenvolven os feitos.A habelencia narrativa de Conde déixase ver no orixinal prantexamento, na estructura da novela, na pluralidade de rexistros estilísticos e na atinada documentación que sendo fiel e obxectiva non resulta exhaustiva nin abufante. Estamos ante unha obra de ficción, non ante un ensaio. En ocasiones é dificil substraerse á tentación de utilizar aqueles datos dos que se dispoñen e que foron recabados mediante unha ardua laboura de investigación. Pero así é a arte da escrita, na que non hai números neutros: o que non suma, resta. "Arte de non escribir o que sobre...",  como ben recordou o catedrático Paz Gago ao analizar polo miúdo da obra.María das Batallas é unha novela histórica, unha aportación máis a un xénero de actualidade que ten ofrecido espléndidos resultados no caso, por exemplo, de Eco ou de Yourcenar. Mais é tamén unha novela de  intriga. O autor consegue ternos presos do desenlace desa manobra na que un exército de vinte mil homes se prepara para a invasión da cidade. Encetan a xeira con éxito notorio, xa que no primeiro día matan medio milleiro de coruñeses. A vista disto, os sitiados acordan refuxiarse na cidade alta para acorazarse e resistir. Cando os ingleses, convencidos da súa superioridade, tratan de vencer as Ãºltimas resistencias procedendo ao asalto final, xorde a figura de María Pita nun coñecido lance, que ten tanto de xenreira e de desesperación como de heroismo.A nivel estilístico atopámonos con tres  narradores, que nos permiten coñecer desde "dentro" os sucesos, o criterio e as versións dos protagonistas do drama. Dunha banda está a filla de María Pita, doutra o curmán de Francis Drake, aos que cómpre engadir o narrador omnisciente, o capitán Varela. O espírito do relato  trata de ser fiel á realidade histórica e á persoalidade de María Pita. Outramente, Conde eleva á categoría de protagonista á propia cidade, en concreto á Pescadería, lugar de confluencia que representa a puxanza económica; a forza mariñeira e popular da cidade baixa.María  das Batallas destaca tamén pola viveza dos persoaxes, cunha gran dose  de realismo e credibilidade. Relevancia especial teñen as mulleres. Mulleres recoñecidas e admiradas, como María Pita, e mulleres humildes, anónimas, que contribuíron co seu esforzo non menos heroico ao progreso e á liberdade.Xulio VarcárcelDomingo 9 de setembro de 2007El Ideal Gallego

Otros libros del autor en Llibreria Etcètera

  • CHOVIDA DO CEO -5%
    Titulo del libro
    CHOVIDA DO CEO
    CONDE, ALFREDO
    Xerais
    Unha mañá de xuño aparece na praza da Quintana o cadáver espido dunha moza. Segundo o relato dunha testemuÃ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,95 €21,80 €

  • Mementos de vivos -5%
    Titulo del libro
    Mementos de vivos
    Conde Cid, Alfredo
    Galaxia
    Este é un libro de relatos dominado pola presenza dun narrador que vai  rememorando diversos episodios da súa...
    No disponible

    12,00 €11,40 €

  • PEREGRINO EN INVIERNO -5%
    Titulo del libro
    PEREGRINO EN INVIERNO
    CONDE, ALFREDO
    Edhasa
    No disponible

    5,00 €4,75 €

  • HOMBRES DE HIERRO -5%
    Titulo del libro
    HOMBRES DE HIERRO
    CONDE ALFREDO
    Ezaro editorial
    La lectura que va a afrontar quien se decida a ello es una novela. No se trata de una crónica periodística, t...
    No disponible

    15,00 €14,25 €

  • EN CANTO A FRAGA -5%
    Titulo del libro
    EN CANTO A FRAGA
    Conde Alfredo
    Ezaro editorial
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,00 €17,10 €

Materia en Llibreria Etcètera

Galaxia en Llibreria Etcètera