Manuel Luís Acuña

Manuel Luís Acuña

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025772
ISBN:
978-84-8302-577-2
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIAS SINGULARES

Descuento:

-5%

Antes:

32,10 €

Despues:

30,50 €
IVA incluido

A dimensión intelectual e creativa de Manuel Luís Acuña, a carón do que significou o seu percorrido vital ó longo dos tres primeiros cuartos de século, formulou espontaneamente a un grupo de persoas, unidas por compartiren unha afervoada querencia pola súa figura e obra, a necesidade dun libro como o presente, por volta de se cumpriren cen anos do seu nacemento.Este volume testemuña a vixencia, intensidade e perseveranza a través do tempo do seu maxisterio profesional, literario e humanístico. A proposta axiña se espallou e foi acollida con entusiasmo e xenerosidade por todos os participantes que se quixeron sumar ao proxecto.Por un lado, quíxose conxugar a voz de diversos narradores, poetas, xornalistas e ensaístas que, procedentes de moi diversos ámbitos cronolóxicos, ben trataron ao autor ou ben repararon con vagar no ecoar das diversas parcelas das súas circunstancias persoais quebradas no naufraxio do ano 1936. Como non podía ser doutro xeito, o seu labor intelectual converteuse en obxecto de análise demorada por parte de especialistas que deron coa vizosa actividade que Acuña levou a cabo tanto en tempos da II República coma anos despois nos eidos xornalístico, pedagóxico, político e, claro é, no ámbito literario, onde emerxe con forza propia  ese relampo permanente que é Fírgoas, poemario que amosa o indiscutible talento do seu autor.Por outra banda, e non como complemento, senón como esteo necesario que esixía unha obra que quere  integrar diversas manifestacións artísticas, aos anteriores textos, acompañados tamén de propios versos do poeta, verdadeiro protagonista do libro, engádeselle un amplo ronsel de contribucións pictóricas tanto da man daqueles que foron coetáneos do autor coma doutros artistas máis novos que se quixeron sumar, sempre xenerosamente, na realización dun libro que desde o comezo quixo ser aberto, plural, integrador e tolerante. Un espello, en definitiva, de Manuel Luís Acuña.

Xerais en Llibreria Etcètera

  • Todo é silencio -5%
    Titulo del libro
    Todo é silencio
    Rivas, Manuel
    Xerais
    Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habi...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,95 €19,90 €

  • Antón Avilés de Taramancos. Vida e obra -5%
    Titulo del libro
    Antón Avilés de Taramancos. Vida e obra
    Arxóns Alvarez, María Dolores / Castro Rodríguez, Xavier
    Xerais
    "Antón Avilés de Taramancos. Vida e Obra" fai un completísimo percorrido pola vida e a obra de Avilés de Ta...
    No disponible

    9,55 €9,07 €

  • Folerpas de Novoneyra -5%
    Titulo del libro
    Folerpas de Novoneyra
    Alonso, Fran
    Xerais
    Folerpas de Novoneyra é un libro que convida a achegarse á vida e á obra de Uxío Novoneyra, o poeta do Cour...
    No disponible

    10,45 €9,93 €

  • No xardín do poeta -5%
    Titulo del libro
    No xardín do poeta
    García Teijeiro, Antonio
    Xerais
    As páxinas deste libro son a porta de entrada a un xardín de versos onde o autor, Antonio García Teijei...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €14,16 €

  • Premio 1999 de relato, poesía e teatro da Universidade de Vigo -5%
    Titulo del libro
    Premio 1999 de relato, poesía e teatro da Universidade de Vigo
    Varios
    Xerais
    No disponible

    8,25 €7,84 €