La Belle Otero

La Belle Otero

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026991
Materia
BIOGRAFIAS
ISBN:
978-84-8302-699-1
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

46,35 €

Despues:

44,03 €
IVA incluido

Este libro recolle noventa imaxes, a maior parte delas tarxetas postais, sobre Carolina Otero, a Bela Otero, a galega máis universal do século XX. A neniña que, nacida no seo dunha humildísima familia da  Ponte, no concello de Valga, o 4 de novembro de 1868, sería considerada como a máis luminosa das figuras daquel París da Belle Epoque; a definida polo pintor Paul Klee como "unha muller da cabeza aos pés".A Bela Otero, a "serea dos suicidas", como era chamada pola prensa norteamericana, pola que tolearon banqueiros e nobres que se bateron e arruinaron por ela. A Lina, que describiu a súa amiga a escritora francesa Colette, chea de alegría e pracer de vivir. A actriz de notable talento solicitada para a Opera-Cómica de París, que  estudiou o mesmo Marcel Proust para incluír como personaxe dalgunha das súas obras. A xogadora que aos catorce anos fixo saltar vinteunha veces consecutivas a ruleta xogando ao vermello no Casino de Montecarlo. A artista que con corenta e cinco anos decidiu retirarse da escena e trocar de xeito de vida e foi considerada como un símbolo dunha "época superficial, lixeira, á vez virtuosa e cínica".A Carolina  Otero, esa beleza galega que fixo languidecer a vellos e mozos e os fotógrafos parisinos que colorean os seus retratos en tarxetas postais; a muller que posuíu unha enorme riqueza en xoias, que adornaron o seu corpo inmortalizado por grandes debuxantes da súa época.A Bela Otero, a que ocultou Galicia no seu corazón como tantos emigrantes, pero que levou sempre consigo a lingua propia ata o seu pasamento en Niza, o 12 de abril de 1965, testando a prol dos pobres de Valga.A edición deste álbum de postais da Bela Otero, prologado por  un fermoso texto de Luís Seoane, recollido dunha audición radial do programa "Galicia Emigrante" de 1959 e editado en galego, castelán, francés e inglés, constitúe unha auténtica alfaia bibliográfica para a  recuperación rigorosa da imaxe verdadeira dun dos símbolos da gracia e da beleza de Galicia.

Materia en Llibreria Etcètera

Xerais en Llibreria Etcètera

  • ANTÓN E OS INOCENTES -5%
    Titulo del libro
    ANTÓN E OS INOCENTES
    Méndez Ferrín, X.L.
    Xerais
    Aparecida por primeira vez en 1976, a novela Antón e os inocentes segue a nos interpelar na contemporaneidade....
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,95 €18,95 €

  • Dicionario Ortográfico da Lingua Galega -5%
    Titulo del libro
    Dicionario Ortográfico da Lingua Galega
    Feixó Cid, Xosé
    Xerais
    O Dicionario Ortgráfico da Lingua Galega, preparado polo lexicógrafo Xosé Feixó Cid, ofrece por vez primeir...
    No disponible

    34,50 €32,78 €

  • Nínive -5%
    Titulo del libro
    Nínive
    Pato, Chus
    Xerais
    Nínive é un libro atroz. Cando menos, esa foi a sensación que a autora  tivo: que tal atrocidade era a súa ...
    No disponible

    14,05 €13,35 €

  • 5.IMPACTO GUERRA GRANDE/CAD.HISTORIA XERCOM -5%
    Titulo del libro
    5.IMPACTO GUERRA GRANDE/CAD.HISTORIA XERCOM
    GRUPO GANDARA
    Xerais
    No disponible

    5,00 €4,75 €

  • L ' affiche rouge -5%
    Titulo del libro
    L ' affiche rouge
    Regueira, Mario
    Xerais
    LÆ affiche rouge narra a chegada ao mundo adulto de varios mozos nacidos ao abeiro da transición política. O...
    No disponible

    20,95 €19,90 €