España e Europa

España e Europa. Do franquismo ao euro

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027462
Año de edición:
ISBN:
978-84-8302-746-2
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

Descuento:

-5%

Antes:

20,20 €

Despues:

19,19 €
IVA incluido

Producto da colaboración entre a Universidade de Vigo e a Acción Jean Monnet nace España e Europa. Do franquismo ao euro. Neste libro participan unha serie de profesores universitarios desde distintas especialidades: historia contemporánea, economía aplicada, ciencia política e da administración e socioloxía. Deste xeito ofréceselles aos alumnos e alumnas, e ao público galego en xeral, unha ferramenta útil para informárense sobre o futuro de Europa e para, dalgún modo, participar nun debate sobre as institucións comunitarias co que se pretende fortalecer valores fundamentais como a democracia, a solidariedade ou a tolerancia que forman parte do patrimonio común e do legado histórico de todos os europeos. Así mesmo é tamén unha ferramenta para buscar colectivamente fórmulas que nos permitan conservar os sinais básicos da nosa identidade cultural e ser partícipes dun novo desenvolvemento comunitario máis solidario. Este libro nace nunha desas realidades históricas e culturais que cómpre respectar: Galicia. Por iso se procura que esta nosa realidade específica quede salientada dentro da realidade máis ampla e común que  é España.O coñecemento das institucións europeas, das relacións establecidas entre estas e os gobernos españois -autoritarios e democráticos-, e a análise dos impactos institucionais, normativos, económicos e socioculturais que supuxeron para nós ingresar na Unión Europea, constitúen a cerna esencial de España e Europa. Do franquismo  ao euro, unha obra de indubidable interese académico e cidadán.

Xerais en Llibreria Etcètera

  • Eduardo Jorge Bosco -5%
    Titulo del libro
    Eduardo Jorge Bosco
    Alonso Montero, Xesús
    Xerais
    Eduardo Jorge Bosco foi un importante escritor arxentino que morreu, case inédito, cando non cumprira 31 anos....
    No disponible

    18,00 €17,10 €

  • O lago de Como -5%
    Titulo del libro
    O lago de Como
    Chao, Ramón
    Xerais
    Celso Veiga, que rexe unha fonda en Reigada, decide que o máis novo dos seus fillos sexa pianista de sona inte...
    No disponible

    25,75 €24,46 €

  • Lingua de calidade -5%
    Titulo del libro
    Lingua de calidade
    Freixeiro Mato, Xosé Ramón
    Xerais
    Lingua de calidade do profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato pretende dar algunhas receitas para determos o proce...
    No disponible

    19,95 €18,95 €

  • Cantos caucanos -5%
    Titulo del libro
    Cantos caucanos
    Avilés de Taramancos, Antón
    Xerais
    "Cantos caucanos" publicado integramente en 1985, cinco anos despois despois da volta de Antón Avilés da súa...
    No disponible

    18,95 €18,00 €

  • Facemos a maleta -5%
    Titulo del libro
    Facemos a maleta
    Girbés Aparisi, Joan Carles
    Xerais
    Magníficos volumes en cartoné destinados a pequenos e pequenas de dous  anos en diante. Con A festa de aniver...
    No disponible

    7,20 €6,84 €