Dúas letras

Dúas letras

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498654325
Año de edición:
ISBN:
978-84-9865-432-5
Páginas:
48
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
245
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
VARIOS

Descuento:

-5%

Antes:

21,00 €

Despues:

19,95 €
IVA incluido
Comprar

Esta edición inclúe o DVD (cos seus extras en forma de entrevistas con  director, guionista, primeira actriz, making off, localizacións?), o texto literario, e dous traballos sobre a emigración galega a América,  a cargo de Víctor F. Freixanes, e outro sobre a correspondencia entre  as dúas beiras atlánticas escrito por Francisco Castro. Dúas letras gravita en torno a carta que non dá chegado, a misiva do fillo que está na emigración, pelexando co destino e a sorte, e a nai que espera  a chegada da carta que lle dará, ademais de novas, algo de esperanza.  Os autores foron quen de construir unha historia visualmente moi poderosa, rodada en branco e negro para suliñar a viaxe no tempo que nos propón, chea de tenrura e dureza. Un poema cinematográfico que está a engaiolar alí onde é representada. A xeira de recoñecementos comezaba no Festival de Cine de Bueu-2011, onde era galardoada co Premio do Público. Neste 2012, no cada día máis prestixioso festival de Cans, Dúas letras obtiña tres premios dos grandes. Por unha banda, os veciños déronlle o premio como Mellor Curtametraxe de Ficción, segundo recolle a acta: "porque é unha historia do mundo rural moi próxima coa que todos nos sentimos identificados. Tamén pola súa delicadeza ao presentar o sufrimento dunha nai que espera as cartas do  seu fillo e porque todos coñecemos a historia dunha carta que estivemos esperando e nunca chegou". Igualmente, recibiu o premio do público á mellor curtametraxe de ficción, e, para rematar, un dos máis  cobizados: o Premio do xurado á mellor interpretación feminina, dotado co Can de Pedra a Teresa Fraga, a protagonista. Segundo sinalou  o xurado: "por ser un traballo veraz e emotivo. Nunca unha carta non escrita foi tan ben lida".A película de Eloy Varela, e máis o texto literario de Fina Casalderrey que a inspirou

Galaxia en Llibreria Etcètera

  • Prohibido casar, papá! -5%
    Titulo del libro
    Prohibido casar, papá!
    Casalderrey Fraga, Xosefa
    Galaxia
    Elia amósanos o seu mundo interior, con todas as inquedanzas e teimas dunha adolescente. Elia é unha rapaza d...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,40 €13,68 €

  • Teño oito anos e quero ser youtuber -5%
    Titulo del libro
    Teño oito anos e quero ser youtuber
    Nº 235
    Babarro, Xoán
    Galaxia
    Hoxe en día as nenas e os nenos xa non queren ser coma os seus pais e nais. Queren ser youtubers! Nesta nova a...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,85 €13,16 €

  • Gárgola -5%
    Titulo del libro
    Gárgola
    Vila Sexto, Carlos
    Galaxia
    Jeremy ten un mal soño que volve unha e outra vez, un horrible pesadelo que está a indicarlle algo. A súa na...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,20 €12,54 €

  • LETRAS ARGENTINAS, LETRAS GALLEGAS -5%
    Titulo del libro
    LETRAS ARGENTINAS, LETRAS GALLEGAS
    ALONSO MONTERO, XESUS
    Galaxia
    En Letras argentinas, letras gallegas, el autor examina tres capítulos  muy importantes de la relación engre ...
    No disponible

    14,40 €13,68 €

  • Artigos en La Nación -5%
    Titulo del libro
    Artigos en La Nación
    Blanco Amor, Eduardo
    Galaxia
    Galaxia recupera na súa colección Memoria unha parte moi importante do  labor xornalístico de Blanco Amor. A...
    No disponible

    18,60 €17,67 €