Diccionario dos seres míticos galegos

Diccionario dos seres míticos galegos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023631
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8302-363-1
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
GRANDES OBRAS

Descuento:

-5%

Antes:

43,30 €

Despues:

41,14 €
IVA incluido

Diccionario dos Seres Míticos Galegos é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada, na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ó tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun diccionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máis importantes aportacións ó patrimonio cultural galego nos últimos anos.Nas 710 entradas das que consta o Diccionario dos Seres Míticos Galegos pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos, ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras; entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade; roubar o peite da moura; recoller carbóns que se convertan nun tesouro; sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos; durmir con Pedro Chosco; ter medo da Estadea; fuxir con Brancaflor ou oír os contos de María Castaña.O lector poderá visitar as tumbas de Orcavella  e a Raíña Lupa; asaltará casas con Pepa a Loba; beberá na fonte de Ana Manana; voará con meigas, chuchonas e nubeiros; correrá sete parroquias cos lobishomes; verá como Deus crea demos e anxos; asombrarase con lobos, cobras, dragóns, basiliscos, cocas, unicornios;  navegará no Bergantín Pantasma; andará os camiños coas ánimas da Compaña; tremerá na noite ó escoitar o Paxaro da Morte; enfrontarase co Can Negro, co Lobo Branco, coa Peregrina, coa Zarrulada, co urco e coa Pastoriña; visitará cidades asolagadas e enterradas, como Antioquía, Lucerna ou Valverde, Pozos Peagos e entradas do inferno, Camiños ó Alén e Cabos do mundo; coñecerá os cocos, tales como o home do saco, o sacaúntos, Maríamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampón e o orco; lerá o Ciprianillo e desatoará decididamente o saco para pillar os biosbardos. Para atopalos, só hai que abrilo por calquera páxina.

Otros libros del autor en Llibreria Etcètera

  • Contos marabillosos II -5%
    Titulo del libro
    Contos marabillosos II
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,00 €9,50 €

  • Contos marabillosos I -5%
    Titulo del libro
    Contos marabillosos I
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,35 €9,83 €

  • Contos de maxia, IV -5%
    Titulo del libro
    Contos de maxia, IV
    Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro / Reigosa Carreiras, Antonio / Miranda Ruíz, Xosé
    Xerais
    A colección Cabalo buligán reúne contos da nosa tradición oral, son as  nosas historias, a nosa cultura. Ca...
    No disponible

    10,95 €10,40 €

  • Contos marabillosos IV -5%
    Titulo del libro
    Contos marabillosos IV
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,00 €9,50 €

Materia en Llibreria Etcètera

Xerais en Llibreria Etcètera

  • Corrupción e morte de Brigitte Bardot -5%
    Titulo del libro
    Corrupción e morte de Brigitte Bardot
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    O corpo da víctima está esnaquizado, morto, no chan, no medio dun charco de sangue. E unha muller, di un dos ...
    No disponible

    11,75 €11,16 €

  • Os señores meses -5%
    Titulo del libro
    Os señores meses
    Rodríguez Ferrer, Anxeles
    Xerais
    No disponible

    7,50 €7,13 €

  • O fin dun canto -5%
    Titulo del libro
    O fin dun canto
    Méndez Ferrín, X. L.
    Xerais
    Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é un dos autores máis representativos da nosa literatura. Como na...
    No disponible

    9,95 €9,45 €

  • Pauliño é un cabalo -5%
    Titulo del libro
    Pauliño é un cabalo
    Dans, Raúl
    Xerais
    Pauliño ten sete anos, vive cos seus pais e a súa irmá Águeda que é un  bebe e de momento nin anda nin fal...
    No disponible

    11,95 €11,35 €

  • Ata que a morte nos separe -5%
    Titulo del libro
    Ata que a morte nos separe
    Gallego, Elena
    Xerais
    Marta Vilas, redactora xefa do «Xornal Galaico», recibe unha invitación para participar na viaxe inaugural d...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,95 €18,95 €