A-z

A-z

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820080
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-008-0
Páginas:
184
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

13,85 €

Despues:

13,16 €
IVA incluido

"A-Z" de Xesús Fraga é un xeito de guía sentimental de Londres, escrita dende o punto de vista dun fillo dos emigrantes de Untia, un libro protagonizado por londinienses, sexan accidentais ou vocacionais. Un monllo de relatos, de grande unidade temática, que constitúen "faragullas de lembranzas", memoria vivificada do traballo dos emigrantes galegos que hai trinta e cinco anos viaxaron a capital británica. Para Xesús Fraga "Londres é unha gran aldea formada por outras máis cativas, non necesariamente coincidentes xeograficamente sobre o plano dun A-Z, na que os galegos son unha máis das moitas tribos que viven ó norte e ó sur do Témese. E unha aldea na que un galego comparte a cociña dun hospital con portugueses e polacos, os veciños da escaleira son colombianos e o home que vive coa amiga da mesma vila e coa que empezou a emigración é paquistaní ou exipcio". Así por este fermoso libro pasan os emigrantes que cada tarde de domingo len o seu país nas árbores dos xardíns de Kensington ou comproban o anuncio da primavera na presencia dos estalotes, alí "luvas do raposo", ou nas festas do globo de papel que organizan ás beiras do Lago de Serpentine. Un libro que desenvolve historias ou acontecementos vividos ou imaxinados sobre o plano, ese A-Z indispensable para guiarse nunha cidade de sete millóns de habitantes.  Historias como as de Faustino Caínzos, un emigrante accidental, un carterista que debeu fuxir de Untia por mor dunha vella beata que o descubriu na romaría de San Xoán de Rosa. Traballadras como América que limpa na casa de Sean Connery e que foi a única muller no mundo que lle negou un café ao propio James Bond. Estudiantes que na súa estadía londiniense aprenden a historia do graffiti ou emigrantes maiores que acoden aos locais de apostas a pendurarse do fío do seu futuro.

Otros libros del autor en Llibreria Etcètera

  • Arthur e George -5%
    Titulo del libro
    Arthur e George
    Barnes, Julian / Fraga Sánchez, Xesús Antonio
    Rinoceronte editora s.l.
    No disponible

    23,90 €22,71 €

  • Reo -5%
    Titulo del libro
    Reo
    Fraga Sánchez, Xesús
    Galaxia
    Pero Reo é o rei dos graffiteiros da cidade: o que máis bombardea coa súa sinatura, o máis comprometido coa...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,10 €14,35 €

  • Río Miño. Un viaje entre solsticios (Premio Hotusa 2023) -5%
    Titulo del libro
    Río Miño. Un viaje entre solsticios (Premio Hotusa 2023)
    FRAGA, XESÚS
    Rba
    Un extraordinario viaje físico y sentimental a lo largo del río Miño.Sin duda, el río Miño es la columna v...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,00 €17,10 €

  • 50 recetas con moras -5%
    Titulo del libro
    50 recetas con moras
    Fraga Sánchez, Xesús
    Alvarellos editora
    Las 50 recetas de este libro pretenden ofrecer una panorámica de los múltiples modos de utilizar en la cocina...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,00 €15,20 €

  • Río Miño. Unha viaxe entre solsticios -5%
    Titulo del libro
    Río Miño. Unha viaxe entre solsticios
    FRAGA, XESÚS
    Faktoria k de libros
    Durante seis meses, entre os solsticios de inverno e de verán, Xesús Fraga percorreu o curso do río MiÃ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,00 €17,10 €

Xerais en Llibreria Etcètera

  • Nautilus -5%
    Titulo del libro
    Nautilus
    Máiz Vázquez, Bernardo
    Xerais
    En outubro de 1892 saíu da ría de Ferrol a corbeta Nautilus, aparellada en fragata, que regresaría en agoso ...
    No disponible

    14,60 €13,87 €

  • Fonte de Esperante -5%
    Titulo del libro
    Fonte de Esperante
    Marcos López, Xesús Manuel
    Xerais
    Esperante, trasunto mítico dun mundo rural en inevitable decadencia, é  o espazo ficcional onde Xesús Manuel...
    No disponible

    19,50 €18,53 €

  • As fillas do defunto coronel -5%
    Titulo del libro
    As fillas do defunto coronel
    Mansfield, Katherine
    Xerais
    Nestes tres relatos, "As fillas do defunto coronel", "Estar no ceo" e "A festa no xar-dín", Katherine Mansfiel...
    No disponible

    9,30 €8,84 €

  • A literatura infantil e xuvenil en galego -5%
    Titulo del libro
    A literatura infantil e xuvenil en galego
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    A literatura infantil e xuvenil en galego ofrece unha visión sintética  da producción literaria feita en Gal...
    No disponible

    5,30 €5,04 €

  • (G).(03).LECTOESCRITURA 1.TRASNOS MAXICOS(XOGANDO TRAZOS) -5%
    Titulo del libro
    (G).(03).LECTOESCRITURA 1.TRASNOS MAXICOS(XOGANDO TRAZOS)
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    8,00 €7,60 €