Descuento:
-5%Antes:
Despues:
18,00 €A finais dos anos setenta, a escritora feminista negra lesbiana estadounidense Audre Lorde resumÃa a súa crÃtica ao feminismo branco coa famosa frase: «As ferramentas do amo nunca desmantelarán a casa do amo». A súa mensaxe ecoa aÃnda hoxe en diferentes movementos supostamente transformadores nos que se deixa de lado unha crÃtica en profundidade ás estruturas coloniais e racistas, ás «ferramentas do amo». Galicia en xeral e a literatura galega en particular ocupan un interesante lugar gonzo, dado que por unha banda se sitúan nunha posición non hexemónica a certos niveis, mais non deixan de ser unha nación e un sistema literario formulados dende as bases da branquitude e a continuidade colonial. É tempo de analizar a nosa casa coma a casa do amo e revisar as nosas complicidades coloniais. Este volume ofrece unha panorámica sobre as teorÃas decoloniais e antirracistas que se usan aquà para deitar unha ollada crÃtica a diversos textos que, lonxe de pretender constituÃrse en catálogo, buscan interpelarnos para transformar os alicerces da casa de xeito que absolutamente todas as persoas teñamos acubillo nela.