(08).LINGUA E LITERATURA GALEGA 1O.BACHARELATO

(08).LINGUA E LITERATURA GALEGA 1O.BACHARELATO

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498650969
ISBN:
978-84-9865-096-9
Páginas:
298
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
240
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
1O.BACHARELATO

Descuento:

-5%

Antes:

29,00 €

Despues:

27,55 €
IVA incluido

Ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura, o libro complétase con toda unha batería de exercicios e actividades estimulantes, para facer deste manual un material motivador e doado de manexar. Todas as Unidades Didácticas preséntanse, tanto nos apartados de Lingua como nos de Literatura, como se fosen un encerado, de tal maneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos do programa perfectamente estruturados. Para reforzar a asimilación dos contidos, o equipo redactor deseñou unha ampla batería de exercicios prácticos moi dinámicos, que pretenden fomentar a creatividade e estimular a capacidade crítica do alumnado. Sabendo que os coñecementos de lingua e de literatura son importantes, este libro de texto non pode deixar sen tratar os grandes  asuntos e os grandes retos da sociedade do século XXI: os valores democráticos e de convivencia, o respecto á diversidade, a igualdade de sexos, a reafirmación da personalidade e do espírito crítico, a comprensión dos cambios e as transformacións sociais, a tolerancia, a afirmación da identidade sen renunciar á universalidade, a iniciativa emprendedora, a solidariedade, etc. Todas estas son cuestións de máximo interese e abórdanse dun xeito transversal, pero constante ao longo das lecturas, exemplos, contidos teóricos, xogos e exercicios. Neste sentido é importante destacar o apartado que pecha as distintas unidades, Sarillos e Descubertas, onde se suxiren traballos de investigación, propostas de debate, investigacións na rede, etc., actividades coas que poderán profundar no traballado así como demostrar o talento que atesouran os estudantes de Galicia. As unidades de literatura ofrecen ademais unha liña do tempo para explicar a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nosos días, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así  como aos grandes acontecementos da historia mundial. En definitiva, unha viaxe no tempo e cara ao futuro.
 Un manual elaborado dende a idea de que é necesario ofrecer unha ferramenta educativa útil para profesores e alumnos que, ademais de cumprir rigorosamente cos contidos curriculares esenciais, sirva tamén  para fomentar o interese e a curiosidade pola lingua nosa, pola nosa literatura, e, por extensión, que contribúa a avivar o interese polo mundo contemporáneo. O proxecto da Editorial Galaxia parte do convencemento de que a lingua galega debe ser un vehículo de recoñecemento e de descuberta da realidade, unha fiestra aberta para achegarnos ás grandes cuestións do noso tempo. A lingua entendida como  un vehículo de comunicación e como unha ferramenta de coñecemento.

Otros libros del autor en Llibreria Etcètera

Galaxia en Llibreria Etcètera

  • O libro secreto da filosofía -5%
    Titulo del libro
    O libro secreto da filosofía
    Nº 174
    Carou, José
    Galaxia
    Atréveste a pensar Queres morrer de risa dando unha volta pola antiga Atenas con Sócrates, o home máis feo, ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,50 €14,73 €

  • Da miña acordanza. Memorias -5%
    Titulo del libro
    Da miña acordanza. Memorias
    Piñeiro, Ramón
    Galaxia
    No libro recóllense as recordanzas que Ramón Piñeiro escribiu do seu puño e letra máis a trascrición das ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    31,50 €29,93 €

  • OLEANNA -5%
    Titulo del libro
    OLEANNA
    Nº 11
    MAMET, DAVID
    Galaxia
    De primeiras, o profesor, ocupado na compra dunha casa para celebrar a  obtención da súa titularidade, non ll...
    No disponible

    17,45 €16,58 €

  • ¿Por que Deus faría a brétema?. Narrativa reunida -5%
    Titulo del libro
    ¿Por que Deus faría a brétema?. Narrativa reunida
    Nº 482
    Vergara Vilariño, Fiz
    Galaxia
    Aínda que Fiz Vergara Vilariño é coñecido principalmente pola súa calidade poética, en ¿Por que Deus far...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    21,50 €20,43 €

  • As cruces de pedra na Bretaña -5%
    Titulo del libro
    As cruces de pedra na Bretaña
    Castelao
    Galaxia
    Facsímile do último libro que Castelao deu a imprimir antes do seu falecemento. Trátase dun amplo estudo fei...
    No disponible

    24,70 €23,47 €