Vigo por Magar III

Vigo por Magar III. Novas instantáneas e retratos da vida viguesa (1960-2007)

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826884
Any d'edició:
ISBN:
978-84-9782-688-4
Pàgines:
288
Enquadernació:
TAPA DURA
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
SIN COLECCION

Descompte:

-5%

Abans:

46,95 €

Després:

44,60 €
IVA inclòs
Avisar disponibilitat

Manuel García Castro «Magar» ofrece neste terceiro volume da súa serie  «Vigo por Magar», iniciada en 2002, outras trescentas instantáneas, panorámicas e retratos que contribúen a enriquecer a reconstrución da historia viguesa das últimas catro décadas. Empregando as mellores posibilidades que ofrecen as ferramentas do fotoxornalismo, «Magar» ofrece unha viaxe emocionante, entrañable e comprometida polos avatares dunha cidade hiperdinámica que durante este período remudou a  súa fasquía e ampliou o seu perímetro converténdose no corazón da Galicia urbana contemporánea. Trescentos cartaces en branco e negro que densifican a memoria próxima de tres xeracións de vigueses e viguesas. No libro amósase o esforzo desta «cidade puro milagre», a dos obreiros nas factorías de Barreras e Citr"en, a das pescantinas do  Berbés, mais tamén a cidade que na rúa reclama os seus dereitos. Nin a presenza dunha longa galería de familias, alcaldes, concelleiros, empresarios, bancarios, comerciantes, xornalistas, médicos, empregados, escritores, músicos, escolares, taxistas, bombeiros, policías municipais, funcionarios, peñas de amigos ou de xentes de máis posibles. Nin se oculta a importancia do deporte nunha comunidade  con vontade de cidade olímpica, sexan os fondistas do Celta, os regatistas de esnais e traíñas, os balonmanistas do Vulcano, os futbolistas modestos do Peñasco ou os derbis do Celta co Pontevedra. Este novo «Vigo por Magar III»provoca, como os dous libros anteriores,  un recordo compartido que non é pasado nin peza de museo para nostálxicos saudosos. Un libro vivificador e vigorizante para activar a memoria propia ou familiar da cidade que ten a fortuna de ser homenaxeada pola cámara de Magar.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Etcètera

Xerais a Llibreria Etcètera

  • Aqueles anos do Moncho -5%
    Titulo del libro
    Aqueles anos do Moncho
    Neira Vilas, Xosé
    Xerais
    No disponible

    10,10 €9,60 €

  • O espello e o dragón -5%
    Titulo del libro
    O espello e o dragón
    Queipo, Xavier
    Xerais
    Nun curruncho perdido do Himalaia había un país tan pequeno que só tiña unha montaña. Na montaña había u...
    No disponible

    9,00 €8,55 €

  • Fírgoas -5%
    Titulo del libro
    Fírgoas
    Acuña, Manuel Luís
    Xerais
    O poeta Manuel Luís Acuña (1900-1975), un dos nosos escritores da xeración de vangarda máis inxustamente es...
    No disponible

    11,50 €10,93 €

  • (04).CADERNO LINGUA 3º.ESO -9%
    Titulo del libro
    (04).CADERNO LINGUA 3º.ESO
    Orizales Iglesias, Noa / Orizales Orizales, Emiliano
    Xerais
    No disponible

    9,05 €8,24 €

  • Menino morreu -5%
    Titulo del libro
    Menino morreu
    García Mañá, Luís Manuel
    Xerais
    O enxeñeiro de minas Arthur Bettón e o seu axudante, desprazados en 1958 ao Couto Mixto na procura dunha supo...
    No disponible

    16,65 €15,82 €