Descompte:
-5%Abans:
Després:
37,81 €Vigo por Magar constitúe unha sÃntese histórica dos últimos corenta anos da cidade olÃvica.Historias de vidas anónimas e de esforzos ou tristezas colectivas. A soidade dos Herbello en 1962, os últimos habitantes de CÃes, o romance da Avenida de Beatriz, incrustado nunha pintada a brocha coa que un namorado quixo chamar a atención dunha veciña da que anos despois chamarÃan Avenida das Camelias; o estrondo dun atasco de tranvÃas en Policarpo Sanz (en 1967), pouco antes da chegada dos Vitrasas.No libro amósase o esforzo das carrexonas do Berbés, das mulleres traballadoras do rural, das mariscadoras ou das empregadas de Regojo, presentes en varias fotos moi potentes. Ou a traxedia do naufraxio do petroleiro Polycomander, os incendios da Panificadora e do Hotel balneario de Mondariz, o choque ferroviario de Rande ou a chegada dos féretros do accidente do rÃo Orbigo, acontecementos recollidos en instantáneas estarrecedoras. Tampouco faltan as escenas da ledicia do "Gordo" que caÃu na Seara ou o tipismo das romaxes de san Mauro, san Blas, que se mesturan cos concertos de Raphael en Castrelos ou de Madonna en BalaÃdos. Nin as visitas de Franco, a manifestación pola AutonomÃa ou os dÃas de folga xeral, os conflictos do naval que Magar soubo recoller con espÃrito crÃtico e comprometido.Nesta sÃntese apaixonada non faltan os retratos de tipos populares: Manolito Soler ou a Karina Falagan dos setenta; escenas dos vellos oficios desaparecidos: o sereno, os limpabotas ou a última fotógrafa da Alameda. Nin a presencia dunha longa galerÃa de alcaldes; nin do deporte, dende o Vulcano de balonmán ao primeiro Celta europeo de xogadores galegos. Con todo, o eixo do libro, prologado fermosamente polo xornalista Fernando Franco, é a propia cidade de Vigo: dende o seu patrimonio desaparecido ata o proceso de crecemento urbano contemporáneo.Vigo por Magar provoca no lector un recordo que non é pasado. As fotos deste libro serven para restaurar a memoria da cidade de Vigo.