SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta

SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta

Editorial:
Baia
EAN:
9788499953380
Any d'edició:
Matèria
ECOLOGIA I MEDI AMBIENT
ISBN:
978-84-9995-338-0
Pàgines:
50
Enquadernació:
TAPA DURA
Ample:
240
Alt:
300
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
SIN COLECCION

Descompte:

-5%

Abans:

20,16 €

Després:

19,15 €
IVA inclòs
Comprar

SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta, da autoría da escritora e ilustradora sueca, establecida desde hai anos en Cataluña, Marie G. Rohde, correspóndese a unha obra divulgativa dirixida a un mundo lector a partir dos seis anos.
 
 Na obra ponse de relevo os perigos actuais que ameazan a saúde do planeta Terra, presentados fisicamente a través duns personaxes, ilustrados de forma moi axeitada ao imaxinario infantil, con formas que visualizan claramente os diferentes efectos que están provocando no ambiente. Ao tempo, realiza un chamamento á denuncia e participación activa das nosas nenas e dos nosos nenos na loita ante as consecuencias que da actividade humana se está derivando, por exemplo, para o cambio climático acelerado nos últimos anos.
 
 As características divulgativas achegadas contribúen a dotar ao mundo infantil dunha publicación que trata un tema de vital importancia para  a nosa sociedade. O tema da contaminación e a proposta dun léxico específico en galego son dous elementos que valoramos de importancia relevante para o efecto que a obra persegue alcanzar, ao que contribúe  o recoñecido oficio da profesora e tradutora Iria Taibo.
 
 ***
 
 
 
 «Se uns poucos nenos e nenas podemos acaparar os titulares de todo o mundo só por faltar á escola, imaxinade o que poderiamos conseguir todos xuntos». Greta Thunberg
 
 Hai monstros a roldar polo planeta: voan sobre a túa cabeza, viven nas  profundidades do mar e mesmo se agochan nos sumidoiros. Provocan treboadas, secan ríos e lagos e escorrentan os animais.
 
 O inmenso LIXOKONG, o desagradable NEBODÓN, o pegañento GRAXODONTE ou o invasivo URBANOSAURO farán que os monstros que hai debaixo da túa cama parezan simples peluches. E é que estes monstros existen de verdade!
 
 Só heroes e heroínas coma ti poden derrotalos!
 
 Faite activista e axúdanos a vencer estas malvadas criaturas!

Altres llibres de l'autor a Llibreria Etcètera

Matèria a Llibreria Etcètera

Baia a Llibreria Etcètera

  • O planeta das curiosidades -5%
    Titulo del libro
    O planeta das curiosidades
    Gifford, Clive
    Baia
    No disponible

    13,40 €12,73 €

  • NO PARQUE DE BOMBEIROS -5%
    Titulo del libro
    NO PARQUE DE BOMBEIROS
    Yi-Hsuan, Wu
    Baia
    Atractivo libro temático con mecanismos móbiles sobre a actividade diaria de bombeiras e bombeiros no seu cen...
    No disponible

    7,80 €7,41 €

  • Os contos do Lobicán -5%
    Titulo del libro
    Os contos do Lobicán
    Nº 18
    Mejuto Rial, Eva María
    Baia
    Obra gañadora da XV edición do premio Barriga Verde (2022) de textos para teatro de monicreques (modalidade r...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    15,00 €14,25 €

  • A nube gris -5%
    Titulo del libro
    A nube gris
    Canals, Mireia
    Baia
    Ana é a protagonista desta historia, na que nos explica como recoñeceu  e aprendeu que a preocupación é un ...
    No disponible

    7,16 €6,80 €

  • Sobre os animais -5%
    Titulo del libro
    Sobre os animais
    Llewellyn, Claire
    Baia
    A Dra. Peteiro é unha ave femia moi sabia que é consultora sentimental  dos animais. Agora podes ler os conse...
    No disponible

    13,40 €12,73 €