Memorias dunha republicana

Memorias dunha republicana

Editorial:
Laiovento, s.l.
EAN:
9788484872276
Any d'edició:
Matèria
ASSAIGS
Pàgines:
285
idioma:
GALEGO
Ample:
140
Alt:
210
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
ENSAIO

Descompte:

-5%

Abans:

20,00 €

Després:

19,00 €
IVA inclòs
Comprar

Xa ves que sigo coas miñas lecturas e practicando o meu idioma. Que pracer! Xa ves que intento recuperar a miña lingua, a que me arrebataron os "salvadores de España", criminais, o que fixeron de min". Así se expresaba Ma Teresa Alvajar en carta á editora destas memorias en 2008. Roubáronlle a lingua, afastárona da Terra, coa que segue a soñar cada noite: soña que volve a ela, que pasea polas rúas coruñesas e que chega á praza de María Pita desde onde olla para a xanela da oficina onde traballaba o pai. E cada mañá, despois desta viaxe arelada, esperta cansa e atristurada. Tiña 15 anos cando partiu a Soria coa nai, poucos días antes da sublevación militar, para se reunir co pai, na altura gobernador na cidade castelá. Aquela data marcou para sempre a familia Alvajar López, que nunca máis se volvería  encontrar xunta. Longo período de continua peregrinaxe: Soria, Madrid, Valencia, Barcelona, un ano na Coruña, Vimoutiers, Montauban, Barcelona de novo, París, Girona, Madrid máis unha vez. A súa foi unha  vida de sortear obstáculos, de facerlles fronte, de os superar. 
 Nai de tres fillas e un fillo de dúas parellas, que abandonaron as súas responsabilidades, María Teresa Alvajar tivo moita coraxe, nun tempo en que as mulleres semella que tiñan que pedir permiso para vivir, para amar. Camiñante solitaria polo escuro bosque da incomprensión, do machismo imperante, moitas das circunstancias que atravesou son produto dun tempo en que o control da moralidade constituíu unha verdadeira obsesión para os franquistas.
 
 Con María Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana recupérase máis unha voz da memoria democrática, unha voz necesaria que nos achega momentos transcendentais (República) e períodos verdadeiramente  traumáticos (guerra e franquismo) da nosa historia. Un relato, en edición de Aurora Marco, que vén enriquecer o conxunto de textos memorialísticos de autoría feminina publicados nos últimos anos. Unha historia de desarraigo violento, duro, adobiado de estrañeza, soidade,  incerteza e de penurias na procura da supervivencia. Unhas memorias que non van deixar indiferente a ninguén.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Etcètera

Matèria a Llibreria Etcètera

  • Autoridad ilegítima -5%
    Titulo del libro
    Autoridad ilegítima
    Nº 40
    Chomsky, Noam
    Altamarea
    En estas cáusticas entrevistas, Noam Chomsky aborda las cuestiones más  urgentes de esta época tumultuosa, h...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    22,90 €21,76 €

  • ESTATUAS QUE HABLAN -5%
    Titulo del libro
    ESTATUAS QUE HABLAN
    Torrico Cuadrado, Estrella
    Silex
    No disponible

    27,00 €25,65 €

  • Vida e o tempo de diego xelmirez, a -5%
    Titulo del libro
    Vida e o tempo de diego xelmirez, a
    Nº 18
    Fletcher, R. A.
    Galaxia
    Este libro está relacionado co anterior estudio The Episcopate in the kingdom of ÇLeón in the twelfth centur...
    No disponible

    26,70 €25,37 €

  • Payasos y monstruos -5%
    Titulo del libro
    Payasos y monstruos
    Albert Sánchez Piñol
    Aguilar
    No disponible

    16,50 €15,68 €

  • La Constitución de 1978 -5%
    Titulo del libro
    La Constitución de 1978
    Blanco Valdés Valdés, Roberto L.
    Alianza
    Con la Constitución de 1978 España entró en el siglo XXI en condiciones políticas equiparables a las de las...
    No disponible

    17,95 €17,05 €

Laiovento, s.l. a Llibreria Etcètera