Manuel Murguía. Vida e obra

Manuel Murguía. Vida e obra

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024904
ISBN:
978-84-8302-490-4
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
LETRAS GALEGAS

Descompte:

-5%

Abans:

9,55 €

Després:

9,07 €
IVA inclòs

Manuel Murguía. Vida e obra, o volume preparado por Xosé Ramón Barreiro Fernández, catedrático e membro da Real Academia Galega, e por Xosé Luis Axeitos, profesor e investigador de Literatura Galega, pretende debuxar o perfil dun personaxe de gran interese para Galicia sen necesidade de recorrer a adxectivos grandilocuentes, nin a louvanzas desmesuradas. Os autores non pretenden ocultar as evidentes contradiccións nas que desenvolveu a vida e obra de Murguía, tratando de darlle unha explicación racional no contexto da cultura europea da época. Apórtanse datos concretos sobre certos episodios pouco coñecidos da súa vida, repasando tódalas súas actividades creativas e profesionais: periodismo e literatura, constructor do feito diferencial de Galicia, funcionario, político e académico e sempre polémico e polemista.Manuel Murguía. Vida e Obra organízase nos seguintes apartados: "Biobliografía de Manuel Murguía. Cronoloxía", traballo de carácter introductorio que permite seguir paso a paso as visitudes do personaxe a través dos correspondentes espacios vitais polos que transitou; "As etapas dunha vida", que supón un achegamento biográfico á figura humana de Murguía, dende a súa etapa compostelana (1833-1851), a súa estancia en Madrid (1851-1858), onde mesturou literatura e bohemia, á década que dedicou á historia (1959-1869), ata  á creación da Real Academia Galega, da que foi o primeiro presidente;  "Murguía, historiador do feito diferencial de Galicia", que estudia a  súa dimensión como o primeiro teorizador do feito diferencial galego,  base teórica do movemento cultural e político do galeguismo. Remata o  volume cunha completa bibliografía sobre a obra de quen é homenxeado este ano 2000, no "día das Letras Galegas". O volume inclúe, tamén, unas selección de fotos e documentos que complementan este esbozo de Manuel Murguía, no que aparece máis preto, máis humano e, xa que logo,  máis noso.

Xerais a Llibreria Etcètera

  • Charenton -5%
    Titulo del libro
    Charenton
    Pato, Chus
    Xerais
    Charenton de Chus Pato é un mecanismo de captura: flexibiliza as fronteiras entre o «real» (que non existe, ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    16,95 €16,10 €

  • Escrita doada. Consellos para redactar ben -5%
    Titulo del libro
    Escrita doada. Consellos para redactar ben
    Dosil, Benxamín
    Xerais
    Escribir ben é unha habilidade que calquera persoa querería para si. En ocasións, pode parecernos fácil exp...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    20,95 €19,90 €

  • Perigo vexetal -5%
    Titulo del libro
    Perigo vexetal
    Caride, Ramón
    Xerais
    E unha novela clásica de aventuras ambientada no ano 2075, entre Galicia, Arxentina e Suiza. Dous irmáns orfo...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    10,50 €9,98 €

  • As minas do rei Chang Py Ñong -5%
    Titulo del libro
    As minas do rei Chang Py Ñong
    Desclot, Miquel
    Xerais
    O rei Chang Py Ñong da China é famoso no mundo enteiro polas súas minas de carbón. Mais a xente cada vez me...
    No disponible

    3,05 €2,90 €

  • Manuel María, buscando un país -5%
    Titulo del libro
    Manuel María, buscando un país
    Nº 15
    Veiga, Manuel
    Xerais
    Manuel María tiña dúas almas, unha feita de orballo e outra de cantaría. A cada unha delas dedicoulles unha...
    No disponible

    8,95 €8,50 €