Irmán Rei Artur

Irmán Rei Artur

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026069
ISBN:
978-84-8302-606-9
Pàgines:
160
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
130
Alt:
210
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
FORA DE XOGO

Descompte:

-5%

Abans:

14,90 €

Després:

14,16 €
IVA inclòs
Avisar disponibilitat

Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella  historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre. A primeira, "A tentación de Lanzarote", presenta ó meirande cabaleiro e o máis amigo de Artur na encrucillada de volver, despois dun ano de aventuras polo mundo, a mergullarse de novo nos seus dous sentimentos en radical conflicto: a paixón por Xenebra e a amizade con Artur. Se "A tentación de Lanzarote" libera ó meirande cabaleiro da carga da traición por amor, alumando o perfil máis humano do heroe, o segundo relato, "Amor de Merlín", libera ao meigo de quedar para sempre pechado dentro dun penedo por culpa duhna rapaza tarabela e ingrata da que o vello sabio se namorara. Neste xogo de amor serodio Merlín encarna a eterna disputa entre a sabedoría e a felicidade. E como é vello, sabio, meigo  e fillo do demo, non debía caer víctima dos seus propios feitizos. El  descubriulle as súas artes á moza por amor, pero gardou para si o milagre de renunciar á sabedoría a prol do amor e da felicidade. Tamén, no último relato, "A morte do rei Artur" propón unha lectura nova da fin do mítico monarca bretón. Non estaba ben que Artur perdese  a derradeira batalla, morto a man do seu fillo Mordred. Por iso Reigosa búscalle un final máis digno e cheo de esperanza. De xeito que  Artur, sen o amor e amizade dos que el máis quería (Xenebra, Lanzarote, Galván...), vendo o seu ideal traizoado por culpa da ambición, xa que o mundo de paz e de xustiza que el construira derrúbase nas argalladas da política mentireira, escolle desaparecer con todo aquilo que xustificara a súa vida e agardar tempos mellores para volver e levantalo de novo. E no íntimo desexo do autor, " volverá moi axiña. Porque o mundo cada vez seméllase máis a como era pouco antes de el chegar " .

Altres llibres de l'autor a Llibreria Etcètera

  • Narcos -5%
    Titulo del libro
    Narcos
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    O empresario vigués Mario Cendán, un pai ferido pola morte da súa filla por sobredose, encarga a Nivardo Cas...
    No disponible

    23,50 €22,33 €

  • Homes de tras da Corda -5%
    Titulo del libro
    Homes de tras da Corda
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    No disponible

    10,60 €10,07 €

  • Narcos -5%
    Titulo del libro
    Narcos
    Reigosa, Carlos G.
    Plaza & janes
    No disponible

    16,50 €15,68 €

  • Pepa la loba -5%
    Titulo del libro
    Pepa la loba
    Gonzalez Reigosa, Carlos
    Ediciones b
    Pepa la Loba, bandolera gallega por antonomasia, es un personaje situado entre la realidad y el mito del que se...
    No disponible

    5,95 €5,65 €

  • La Galicia mágica de García Márquez -5%
    Titulo del libro
    La Galicia mágica de García Márquez
    García Reigosa, Carlos
    Auga, editora
    No disponible

    4,95 €4,70 €

Matèria a Llibreria Etcètera

Xerais a Llibreria Etcètera

  • VIVIR A GALOPE -5%
    Titulo del libro
    VIVIR A GALOPE
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    Este é o testemuño literario dunha vida intensa e comprometida, a autobiografía que traza a traxectoria vita...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    33,50 €31,83 €

  • Chamábase Luís -5%
    Titulo del libro
    Chamábase Luís
    Mayoral, Marina
    Xerais
    No disponible

    9,40 €8,93 €

  • A tribo sabe -5%
    Titulo del libro
    A tribo sabe
    Vázquez Pintor, Xosé
    Xerais
    A tribo sabe é a segunda entrega dunha triloxía de ensaios antropolóxicos que Xosé Vázquez Pintor comezou ...
    No disponible

    14,00 €13,30 €

  • Mariquiña, a carteira andoriña -5%
    Titulo del libro
    Mariquiña, a carteira andoriña
    Mauricio Iglesias, Enrique
    Xerais
    A nova colección Polo Correo do Vento, preparada por Mau e Pin, dirixida a escolares de seis anos en diante, e...
    No disponible

    7,40 €7,03 €

  • Antolín Faraldo, o gran soñador -5%
    Titulo del libro
    Antolín Faraldo, o gran soñador
    Fernández del Riego, Francisco
    Xerais
    Entre os pioneiros da idea do diferencialismo galego está este betanceiro que no século pasado perfilou a ide...
    No disponible

    13,35 €12,68 €