(g).mirada atlantica, a.(narrativa)

(g).mirada atlantica, a.(narrativa)

Editorial:
Elvira editorial
EAN:
9788412518511
Any d'edició:
ISBN:
978-84-125185-1-1
idioma:
CASTELLANO
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
NARRATIVA

Descompte:

-5%

Abans:

27,00 €

Després:

25,65 €
IVA inclòs
Comprar

A mirada ATLÁNTICA é unha escolma con escritos de Antón Patiño sobre a  modernidade cultural de Galiza. Á procura dunha ollada universal dende a atalaia da fin de europa. Situado na Fisterra atántica podemos trazar unha cartografía onde a pegada da paixase e mais o ronsel antropolóxico estean presentes nunha visión panorámica.
 O latexo da modernidade cultural na Galiza contemporánea, a do século XX e deste primeiro tramo do XXI. Tempo de cambios, incertezas, mutacións e tamén de constantes que se manteñen como paradigmas. Un impulso de reinvención dende a modernidade emerxe en moitas esculcas de plenitude creadora.
 Arte, narración, poesía, ensaio, arquitectura, cinema. Achegarnos aos diferentes momentos dese devalo creativo axuda a configurar vieiros de análise e permite trazar liñas de interpretación. Artistas e creadores que contribúen a perfilar ese camiño na análise das respectivas obras. A mirada ATLÁNTICA responde a unha vontade cartográfica para establecer unha dimensión de conxunto na síntese das
 distintas aportacións e variadas poéticas na reinvención do imaxinario  colectivo (a carón da dinámica universal).

Altres llibres de l'autor a Llibreria Etcètera

Elvira editorial a Llibreria Etcètera